Opinión

Sr. Feijóo: tamén lle causa repugnancia Conde Roa?

  Feijóo declarou onte enfático: “Bárcenas repúgname”. Retórica aparte, Feijóo non tirou as conclusións políticas pertinentes. Quen puxo Bárcenas ao fronte da facenda do PP? Fraga. Quen alimentaba a rede desde Galiza? Pablo Crespo, secretario de Organización do PP durante os 90, con Fraga ao mando do partido.


Feijóo declarou onte enfático: “Bárcenas repúgname”. Retórica aparte, Feijóo non tirou as conclusións políticas pertinentes. Quen puxo Bárcenas ao fronte da facenda do PP? Fraga. Quen alimentaba a rede desde Galiza? Pablo Crespo, secretario de Organización do PP durante os 90, con Fraga ao mando do partido. O Pensamento Manuel Fraga Iribarne foi elevado á categoría de doutrina oficial no recente congreso de Lugo. Fraga ou sabía ou consentía ou era un perfeito inútil que non se inteiraba do que pasaba nos corredores e nos despachos do seu propio partido. Feijóo tamén ten de dar explicacións: quen mantivo Crespo como representante de Política Territorial en Portos de Galiza? Bingo! O agora presidente da Xunta, que tan ben interpreta o papel de político ofendido quer no Parlamento quer perante a imprensa.

Agora que o ex alcalde de Santiago volta aos titulares, a pergunta é obvia. Señor Feijóo, tamén lle causa repugnancia o señor Conde Roa?

Sería ben que respondese esa pergunta e que de paso dixese que ten de pasar máis para que pida ao sucesor de Conde Roa, Ángel Currás, tamén imputado, que demita como alcalde.

Comentarios