Opinión

Olimpíadas en Madrid: recortes aquí.

O enorme gasto e esforzo orzamentario que supón a celebración dunha Olimpíada, non estaría xustificado nun momento económico coma o que vive a cidadanía do Estado acuciada polo desemprego e os recortes, pero ademais trátase dunha medida claramente centralista e unha nova transfusión de recursos públicos cara a empresas privadas.

O enorme gasto e esforzo orzamentario que supón a celebración dunha Olimpíada, non estaría xustificado nun momento económico coma o que vive a cidadanía do Estado acuciada polo desemprego e os recortes, pero ademais trátase dunha medida claramente centralista e unha nova transfusión de recursos públicos cara a empresas privadas.

O goberno recorta o Estado do Benestar impulsando un proceso de recentralización do Estado para conseguilo, pero semella que o discurso de Rajoy cambiou en algo ao longo dos últimos meses. Por primeira vez ata o PP semella recoñecer que mais ala das políticas de “austeridade” é preciso un plan de “estímulo”. E tiran para adiante.

Como non podía ser doutro xeito nun Partido claramente centralista e españoleiro, anovan agora a súa aposta pola celebración dos xogos olímpicos en Madrid, algo que ten moito de simbólico (pretenden tirar do “espírito nacional” para relanzar a “marca España”), pero o tufo centralista vai mais ala.

Os investimentos en infraestruturas a realizar en Madrid non deixan de ser un keinesianismo mal entendido, ese esforzo orzamentario que beneficiaría a empresas privadas sería a costa doutras comunidades coma é o caso de Galiza e dos maltreitos servizos públicos.

"Madrid recibiría unha riada de diñeiro público para infraestruturas co fin de relanzar a súa economía e si queren manter a disciplina orzamentaria consagrada na constitución polo PP e o PSOE será a costa de mais recortes aquí, en Galiza"

Os custes de organizar unhas Olimpíadas disparáronse ao longo dos últimos anos, Atlanta 96 tería costado uns 2.000 millóns de euros, a de Londres 12.000 millóns de euros e as de China podería achegarse aos 40.000 millóns. Mais grave é o caso de Grecia, xa no ano 2004 o goberno grego recoñecía por boca do seu Ministro de Economía Giorgos Alogoskoufis que o custe das Olimpíadas celebradas no seu país superara as previsión orzamentarias o que podía impedir cumprir o déficit marcado por Bruxelas, como así foi finalmente. Parte da débeda actual que sofren os cidadáns gregos e gregas ten a súa orixe na orxía Olímpica.

En todo caso Madrid recibiría unha riada de diñeiro público para infraestruturas co fin de relanzar a súa economía e si queren manter a disciplina orzamentaria consagrada na constitución polo PP e o PSOE será a costa de mais recortes aquí, en Galiza (xa foi así coa construción da famosa T-4).

Os únicos beneficiados con este plan do “olímpico” Mariano Rajoy serian as grandes empresas construtoras (algunhas delas saen nos papeis de Bárcenas). Só falta que poñan a Undargarin e a Corinna como conseguidores para que sexan unhas olimpíadas españolas en toda regra.

Comentarios