Opinión

O piano e a Sorbona

Ben sei que xa correu algo de tempo desde que Feijóo insultase á intelixencia de todos os galegos e galegas na persoa de X.M. Beiras, identificando a falta de cultura coa verdadeira estirpe popular. Pero fago unha breve consideración sobre o feito porque non creo que poida pasar desapercibida a cerna desa perversa seudoproposición. Amais sabemos que, por desgraza, unha ostia (perdón, un trallazo) fai esquecer o anterior, táctica fascista onde as houber. Deste xeito a conducta lumpen do presidente da Xunta cara BNG e AGE no famoso pleno, concretamente na resposta a Francisco Jorquera: “ou que levante o zapato ou que se emocione tanto, tanto, tanto…..”(menuda calaña moral), seguida do absolutamente comprensíbel  puñetazo no escano de Beiras, fai olvidar a marulada como axioma valorativo: “nós, os de aldea, non tocamos o piano nin estudamos na Sorbona”. 

Percatámonos ben do que subxaz en semellantes afirmacións, non outra cousa que unha faciana extrema da ideoloxía como discurso que afortala os intereses do poder en base á inculcación dun locus natural na mentalidade do pobo, co fin de manter a súa submisión. Deste xeito, o que Feijóo di constitúe un excelente modelo de “ideoloxía” –no sentido marxiano, pexorativo- en tanto verdade da falsidade. Isto é, unha falsidade (que o pobo teña un sitio natural, inmutábel e a-histórico) apreséntase como unha verdade evidente e cunha potente carga axiolóxica: “cada un no seu sitio”, agás os self made man –tal que o propio presidente- que saíndo da nada chegan a todo, mediante esforzo e perseverancia.

"Para o que pousou fotograficamente coas amizades perigosas, o sitio natural do pobo galego, a súa cultura, a verdadeiramente “popular” consistiría no televisivo Luar, na música chabacana, chistes, partidas de cartas, pulpadas, etc…"

Para o que pousou fotograficamente coas amizades perigosas, o sitio natural do pobo galego, a súa cultura, a verdadeiramente “popular” consistiría no televisivo Luar, na música chabacana, chistes, partidas de cartas, pulpadas, etc… É o sitio asignado para o suxeito “aldeán”. O resto son cousas de “señoritos”. Non é que se invirta o clasismo –como dixo Rafael Cuíña (CxG, non esquezamos, os mesmos que defenestraron a Ferrín coa axuda do ABC, se cadra xornal tamén comprometido por Galicia) contra Beiras-, o que se invirte é a concepción social da realidade. De xeito que a verdadeira cultura aparece como un obxecto inalcanzábel e propia da urbe, allea aos intereses “populares” e inimiga destes. O que acontece é que o PP pretende -e non o consigue de todo, claro- encirrar nun guetto cultural á poboación rural, enclaustrar aos galegos no estereotipo do Imperio, e facerlle ver como antagónica á sua raigame calquera proposta de liberación nacional, social e, para o caso, cultural. Para iso, Feijóo non se para en barras. Tanto lle ten que o comparen con Millán Astray. Polo momento xa coreou o de “abajo la inteligencia”. Agardemos que non continúe con “viva la muerte”. 

Comentarios