Opinión

O deputado Ceferino Díaz e o monte veciñal

O movemento organizado das comunidades de montes , tivo o seu primeiro encontro con Ceferino Diaz no ano 1989 .Daquela era deputado do Parlamento Galego e responsabel de Agricultura e Montes do grupo parlamentar socialista .No ano 1989 estabase a debater no Parlamento Galego a primeira (e ate de agora única) lei de montes veciñais ,sendo conselleiro da Agricultura e Montes o sr Francisco Sineiro .

O movemento organizado das comunidades de montes , tivo o seu primeiro encontro con Ceferino Diaz no ano 1989 .Daquela era deputado do Parlamento Galego e responsabel de Agricultura e Montes do grupo parlamentar socialista .No ano 1989 estabase a debater no Parlamento Galego a primeira (e ate de agora única) lei de montes veciñais ,sendo conselleiro da Agricultura e Montes o sr Francisco Sineiro .

O movemento organizado das comunidades de montes, mantiña unha postura contraria ao anteproxecto da lei de montes veciñais  que se estaba a debater no Parlamento Galego .Na primavera do ano 1989 (poucos meses antes de que o anteproxecto de lei se sometese a votación no Parlamento Galego) ,o deputado Ceferino Diaz, convocou as comunidades de montes a unha reunión.Reunión que tivo lugar na casa do abogado ,e tamén socialista,Gonzalo Adrio.

Aquela reunión rematou con consenso .A Conselleria de Agricultura e montes aceptaba propostas importantes das comunidades de montes (condonación das chamadas débedas históricas ,limitación de tempo para o reparto do monte veciñal entre os veciños/as, papel da Administración para velar pola integridade de monte veciñal, posibilidade de que as comunidades de montes se poidesen mancomunar ) .O éxito daquela reunión debeuse en boa parte ao talante dialogante do deputado Ceferino Diaz .De feito , a lei de montes veciñais en mán común aprobouse no Parlamento Galego por unanimidade( e daquela habia  6 grupos parlamentares ) .Xa podian aprender de este talante de consenso e de dialogo ,os gobernantes do Partido Popular, que veñen de aprobar en solitario e sen consenso social a lei de montes de Galiza .

No ano 1999 , o goberno central do Partido Popular , meteu as comunidade de montes , tal como se fosen empresas mercantis , no Imposto sobre Sociedades .O deputado (agora nas Cortes Xerais do Estado ) Ceferino Diaz , xunto cos deputados do BNG , Guillerme Vazquez e Olaia Fernandez , foron os únicos deputados galegos que sempre se manifestaron en contra de esta inxustiza e presentaron iniciativas parlamentares neste sentido .Sempre escoitaron as propostas do movemento organizado das comunidades de montes , que nestas alturas xa tiña nome :A Organización Galega de comunidades de montes .No ano 2006 ,unha proposta transacionada entre o deputado Ceferino Diez e a deputada Olaia Fernandez , foi aprobada nas Cortes Xerais do Estado .A proposta non arranxaba o problema ( os montes veciñais siguen sendo suxeitos pasivos no Imposto sobre Sociedade) ,mais siñificou unha millora considerable.

O periodo de liquidación do Imposto ,para as comunidades de montes , pasaban de 4 a 5 anos  e no caso de que as comunidades presentasen un plan de investimento a mais longo plazo ,  a liquidación do Imposto fariase a eses anos definidos no plán de investimento.

Cando xa Ceferino Diaz ,non está fisicamente entre nos , sirvan estas palabras como homaxe e recoñocemento das comunidades de montes a un político dialogante que sempre defendeu ao monte veciñal en mán común e sempre estaba disposto a escoitar as propostas das comunidades de montes .

 

                                               

Comentarios