Opinión

Insultar a intelixencia

  Non fai falta posuír moita creatividade imaxinativa para realizar unha elemental simulación mental do que debeu ocorrer hai poucos días nos despachos oficiais.Preparando o documento orzamentario para o 2013, a conselleira de Facenda trasládalle ao presidente da Xunta unha das consecuencias derivadas da ditadura do déficit que preside a lóxica dos xestores de San Caetano.

Non fai falta posuír moita creatividade imaxinativa para realizar unha elemental simulación mental do que debeu ocorrer hai poucos días nos despachos oficiais.Preparando o documento orzamentario para o 2013, a conselleira de Facenda trasládalle ao presidente da Xunta unha das consecuencias derivadas da ditadura do déficit que preside a lóxica dos xestores de San Caetano.:hai que reducir en 125 millóns de euros a factura dos gastos de persoal.Outras alternativas xa non se discuten.Sobre todo unha que figura no libro de prácticas prohibidas de Núñez Feijoo:conseguir esa cantidade mediante unha suba fiscal selectiva que afecte ás rendas elevadas (por exemplo, as superiores aos 100.000 euros anuais).Cómo van facer iso se aínda está pendente de cumprimento a demagóxica promesa electoral formulada no ano 2009 relativa á rebaixa da cota autonómica do IRPF!

A partir de semellante exercicio contábel protagonizado pola conselleira, a principal preocupación do staff presidencial debeu estar focalizado na consecución do mellor argumentario para defender unha medida que fora deliberadamente agachada durante os últimos meses.As mentes asesoras deberon estar traballando sen descanso até que atoparon a pedra filosofal que explicaría a nova actuación das tesoiras nas carnes dos empregados públicos:para facer da necesidade virtude nada mais apropiado que presentar esta rebaixa como un medre salarial mediante o xogo comparativo co sucedido neste horríbel 2012.”Mais con menos”:a máxima que ven predicando Núñez Feijoo atopaba, deste xeito, novas e sorprendentes concrecións.No ano 2013, o persoal ao servizo da Administración galega terá mais con menos.Quen dixo que isto non era eficiencia en estado puro?

Hai que comprender as dificultades que tivo o autor desta falacia.Precisaba vender unha medida que non se compadecía coas declaracións de autoestima presidencial (“Galiza paga e Catalunya pide”) e que non figuraba no programa de goberno sometido á confianza dos electores o pasado 21-O.Acaso non coñecían o panorama das finanzas públicas galegas?Por que non se anunciou esta medida antes de votar?

A maioría absoluta permite adoptar medidas coma esta.Pero non lexitima para insultar a intelixencia dos votantes.Dos propios e dos demais.

 Xesús Veiga

Comentarios