Opinión

I, II, III República

O debate sobre o tema da República –I, II ou III– ten lugar cando a monarquía borbónica está máis desprestixiada que nunca, segundo todas as sondaxes de opinión, mais queda un longo camiño para acabar coa monarquía e conquistar a República.

Asistimos a un debate sobre o día de celebración. Hai quen reivindica a III República, con referencia no 14 de abril, que é cando se instaura en 1931 a II República, que acaba co reinado de Alfonso XIII. Hai quen fala da I República Galega. Hai quen reivindica a II República Galega porque a primeira xa foi proclamada en Santiago e Ourense o 27 de xuño de 1931, despois da anunciarse a paralización das obras do camiño de ferro entre Santiago e Ourense e realizarse unha importante mobilización popular de protesta. Antón Alonso Ríos foi nomeado Presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Tamén hai quen considera que o día da nosa república debería celebrarse o 25 de xullo. 

O debate sobre o tema da República –I, II ou III– ten lugar cando a monarquía borbónica está máis desprestixiada que nunca, segundo todas as sondaxes de opinión, mais queda un longo camiño para acabar coa monarquía e conquistar a República.

Asistimos a un debate sobre o día de celebración. Hai quen reivindica a III República, con referencia no 14 de abril, que é cando se instaura en 1931 a II República, que acaba co reinado de Alfonso XIII. Hai quen fala da I República Galega. Hai quen reivindica a II República Galega porque a primeira xa foi proclamada en Santiago e Ourense o 27 de xuño de 1931, despois da anunciarse a paralización das obras do camiño de ferro entre Santiago e Ourense e realizarse unha importante mobilización popular de protesta. Antón Alonso Ríos foi nomeado Presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Tamén hai quen considera que o día da nosa república debería celebrarse o 25 de xullo. 

Outra referencia é o 26 de abril, cando son fusilados en Carral o coronel Miguel Solís e doce dos seus oficiais, despois do levantamento en 1846 contra o goberno autoritario do xeneral Narváez, no reinado de Isabel II. Unha das reivindicacións dos sublevados foi a recuperación administrativa do Reino de Galiza, que desapareceu na reforma de 1833. Defendían unha política autónoma respecto a Madrid na tarefa lexislativa, así como un sistema tributario propio.

"Un partido independentista como Esquerra Republicana de Cataluña conmemoraba o pasado 14 de abril como Día da República Catalana. Ademais, deciden que a partir deste ano o 14 de abril será o Día de Esquerra Republicana".

Santiago convertíase na capital da insurrección constituíndose o 15 de abril de 1846 a Xunta Superior do Reino de Galicia. O xornal La Revolución, fundado por Antolín Faraldo, converteríase no voceiro da Xunta. Os manifestos publicados pola Xunta tiñan un claro carácter galeguista: "Galiza, arrastrando até aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai a erguerse da súa humillación e abatemento. Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase a engrandecer o antigo Reino da Galiza, dando proveitosa dirección aos numerosos elementos que atesoura no seu seo, erguendo os cimentos dun porvir de gloria". O 16 de abril a Xunta publicaba un decreto coas primeiras medidas económicas e administrativas, de claro enfrontamento co goberno central: nulidade de todos os actos do goberno de Madrid dende o día 2 de abril, sometemento de todas as xuntas a Xunta Superior do Reino da Galiza, abolición do sistema tributario e supresión da policía.

Un partido independentista como Esquerra Republicana de Cataluña conmemoraba o pasado 14 de abril como Día da República Catalana e convocaba 25 actos festivos e reivindicativos, entre eles un xantar popular no parque da Ciutadella. Ademais, deciden que a partir deste ano o 14 de abril será o Día de Esquerra Republicana.

Despois deste interesante debate, non deberíamos esquecer que hoxe aínda temos unha monarquía, que os dous principais partidos do estado, PP e PSOE, así como os poderes fácticos están pola súa continuidade, sexa con Juan Carlos ou a través da súa abdicación no príncipe Felipe.

Na véspera da conmemoración da República o BNG facía público o manifesto Galiza pola República, que acababa así:  “Precisamos de liberdade e de capacidade para decidir en función dos nosos intereses como nación, precisamos de soberanía. Por iso, as nosas conviccións profundamente democráticas e republicanas se expresan en galego, se simbolizan coa bandeira da nosa Patria e deberán concretarse, máis cedo que tarde, na construción do noso propio Estado, a República da Galiza”.

Ademais de sinalar o obxectivo da República, debemos concretar a República que queremos. O manifesto de Iniciativa Galega pola Memoria -agrupa a preto de corenta entidades galegas, que están a traballar pola recuperación da memoria histórica- para celebrar o Día da República, recollía unha serie de reflexións e reivindicacións que, respectando distintos obxectivos finais (República Galega, República Federal, República Confederal, República Ibérica, con Portugal…) pode ser unha referencia para agrupar ás forzas de esquerdas e republicanas co obxectivo de acabar con esta monarquía caduca e corrupta:

“Temos unha monarquía debedora de moitas pexas herdadas da ditadura franquista. Un xefe do Estado, o rei Juan Carlos, imposto polo ditador Franco en 1969, que foi proclamado rei polas Cortes franquistas en 1975.

A chamada Transición non foi idílica, nin foi pacífica, nin estivo exenta de chantaxes e coaccións. As novas xeracións semellan non estar dispostas a apandar coas estreitas marxes de manobra que se pactaron no seu día a cambio de que os poderes fácticos permitiran certas liberdades á poboación. Sacrificouse a memoria das vítimas da represión fascista e decretouse o seu silenciamento, prohibindo a súa investigación, negándose á reparación e, sobre todo, a anulación das sentenzas que os condenaron en moitos casos á morte polo delito de ter unha ideoloxía diferente á fascista. Ao mesmo temo, amnistiouse aos verdugos.

"A República Galega será realidade cando sexa reclamada pola sociedade a través do seu voto e teñamos a maioría suficiente no Parlamento Galego. E non hai atallos".

Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega. 

Unha República que recupere a memoria histórica, acabe coa impunidade e condene a aqueles que durante a Ditadura cometeron crimes contra a humanidade, que non prescriben. Queremos xustiza e reparación para as vítimas do franquismo. A derrogación da Lei de Amnistía de 1977, tal e como recomendaron Amnistía Internacional e a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, porque incumpre o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas de 1966, asinado polo Estado Español en 1976. Cómpre unha condena explícita da ditadura de Franco e a desvinculación total do sistema político que nos deamos do réxime totalitario anterior que sufrimos”.

Ten hoxe moito interese o debate sobre como conquistar a República. Na Galiza actual, como nación europea, e na sociedade en que vivimos, os avances nas melloras sociais e poder decidir sobre a forma de Estado -o mesmo que a conquista da autodeterminación e a soberanía- non pode vir dunha vía insurreccional ou da loita armada duns poucos, senón a través dun proceso de concienciación, mobilización de masas e acumulación de forzas, que teñan como protagonista ao conxunto da sociedade. A República Galega será realidade cando sexa reclamada pola sociedade a través do seu voto e teñamos a maioría suficiente no Parlamento Galego. E non hai atallos. É unha longa marcha, que require decisión, espírito de loita e, tamén, paciencia revolucionaria. 

Comentarios