Opinión

Europa está a trillar camiños perigosos

Na mitoloxía grega, Zeus, deus supremo, rapta e viola unha moza fenicia de nome Europa. Por algunha razón, Zeus xamais aparecía diante das súas eleitas na súa forma persoal, preferindo asumir sempre calquera outra aparencia. Para esta ocasión, metamorfoseou en manso boi de pel branca e desceu á terra envolto nunha nube.

Na mitoloxía grega, Zeus, deus supremo, rapta e viola unha moza fenicia de nome Europa. Por algunha razón, Zeus xamais aparecía diante das súas eleitas na súa forma persoal, preferindo asumir sempre calquera outra aparencia. Para esta ocasión, metamorfoseou en manso boi de pel branca e desceu á terra envolto nunha nube.

Hoxe o deus supremo, que xa non é un senón tres, ten espírito de capital, verbaliza na palabra Troika e toma carne en forma de grandes bancos, corporacións financeiras e outras mutacións non tan facilmente visíbeis. Rapta gobernos, e con eles cidadáns, e viola as conquistas sociais -educación e sanidade en primeiro lugar- logradas nos derradeiros cento e cincuenta anos.Tampouco adopta a súa forma verdadeira e metamorfosea en reformas laborais e outras lerias.

Na mitoloxía Zeus nadou a Creta. Agora acaba de se bañar nas praias doutra illa mediterránea, Chipre. Tamén pasou por Grecia, por Portugal, por Irlanda. Na Galiza, ese manso boi, deu boas cornadas aos principais sectores produtivos.

"Europa está a trilhar caminhos perigosos", di Cavaco Silva para continuar afirmando "Penso que o bom senso emigrou para outras paragens."

E agora resulta que os propios fillos de Zeus teñen medo das correrías do pai: "Europa está a trilhar caminhos perigosos", di Cavaco Silva para continuar afirmando "Penso que o bom senso emigrou para outras paragens."

A que paraxes se refire o presidente de Portugal? Acaso fala daquelas paraxes sociais, políticas e económicas que, soberanamente, poñen redes para impedir que Zeus chegue nadando ás súas praias? Fala Cavaco de espazos que saen do pozo do neoliberalismo con apostas soberanistas, como as de Brasil, Venezuela ou Uruguai?..

Levamos meses -anos- sendo observadores, constatando como a voracidade do sistema non se detén en nada. Zeus violaba doncelas e, como deus supremo non tiña que responder dos seus actos perante ninguén, como moito sufrir o divino enfado de Hera.

Tamén van quedar impunes os modernos violadores de Europa restándonos só aos cidadáns e cidadás o humano enfado?. O enfado non vai ser suficiente. Serán precisas outras medidas para que “o bom senso” de que fala Cavaco regrese. Mais ao “bom senso” aquí, hoxe e na Galiza, chamámoslle SOBERANíA.

 

Comentarios