Opinión

Desde Berlín

Que diferente encontro esta cidade desde que viñen a botar abaixo o muro, é un dicir. Daquela ia espachurrada no metro con milleiros de berlineses de ambos os lados. Recoñecibles os do Leste pola vestimenta e as gorras tipo Lenin. Foi un momento histórico. Agora dinme que visite o lugar da fronteira. É un museo e conservan a caseta, Checkpoint Charlie, para informarme do chequeo do pasaporte.


Que diferente encontro esta cidade desde que viñen a botar abaixo o muro, é un dicir. Daquela ia espachurrada no metro con milleiros de berlineses de ambos os lados. Recoñecibles os do Leste pola vestimenta e as gorras tipo Lenin. Foi un momento histórico. Agora dinme que visite o lugar da fronteira. É un museo e conservan a caseta, Checkpoint Charlie, para informarme do chequeo do pasaporte. Quedan asombradas cando lles digo que eu pasei por ese trago en dúas ocasions. Con algún problema. Agora o muro é histórico. Deixaron unha parte, un km ou máis, para que nel pintaran artistas de diversos estilos e países. E unha Galería ao aire libre que se fai camiñando. Xa non hai diferencia. O meu hotel, no centro, correpondería ao Este.

Aínda que ver esta cidade é fantástico, viñen tras de Rozalía Luxemburgo, para o meu vindeiro libro. É unha das personalidades máis importantes da esquerda Europea. Tivo unha vida breve e intensa marcada polo entusiamo político e socialista,ce polo feminismo aliada con Clara Zetkin. Disidente, tamén en relación cos xefes do Partido, o KPD. Loitou contra a guerra e o terrorismo. Radical implacable, defendía a relacion entre a liberdadade política e a igualdade social, asunto que aínda está hoxe por resolver. No seu tempo, como hoxe, tivo moitos detractores. Correu riscos e por iso foi torturada e logo asasinada e arroxada a un canal xeado. Era xudía,socialista e muller. Dixo A Liberdadade só para os seguidores do Goberno ou para os membros dun partido, por moitos que sexan, non é liberdadde. A liberdadade significa sempre a Liberdade dos que pensan doutro modo.

Berlín 16/5/2012

Comentarios