Opinión

De esquizofrenias, xenocidios e autocríticas

Si algo ten sido cíclico no BNG é a demanda de autocrítica e participación das bases. Mais nestas últimas datas semella que se viu transformando en reclamación de flaxelación pública. Semella que unha formación organizada nunha Asemblea Nacional na que participaron todos e todas o/as militantes que o desexaron non é todo o democrático que debera ser, así como a adopción de acordos por maioría.

Si algo ten sido cíclico no BNG é a demanda de autocrítica e participación das bases. Mais nestas últimas datas semella que se viu transformando en reclamación de flaxelación pública. Semella que unha formación organizada nunha Asemblea Nacional na que participaron todos e todas o/as militantes que o desexaron non é todo o democrático que debera ser, así como a adopción de acordos por maioría. Os que pretenden condicionar as decisións do BNG califican as decisións asemblearias como erradas verdades absolutas. Mais as súas discrepancias, cando van máis aló da ocupación de cargos de representación, fican inmóviles e sin un mero asomo de alteración.

Non nos enganemos, búscase o xenocidio político do BNG por non ter cedido ante o mesianismo. É unha estratexia perfectamente planificada que se alonga no tempo, que se sementou con falta de lealdade, contradicción entre o discurso interno e o difundido nos medios de comunicación e, porqué non decilo, con mentiras.

A esquizofrenia política derivou en predicadores do asemblearismo e a horizontalidade que non acatan acordos colectivos e que impulsan opcións presidencialistas, críticos dos acordos con CiU e PNV pactando con forzas estatalistas e supostos defensores da busca do consenso e o respeto tentando a extinción por absorción do discrepante.

Todas estas variables, hoxe externas ao BNG, non deben obviar a necesaria análise das eivas que se enquistan na organización. Existe unha emerxente xeración de galegos e galegas comprometidos co nacionalismo de esquerdas que desexa apostar por un novo xeito de entender a política. Esa xeración non debe precindir das anteriores, co fin de evitar erros do pasado e tendo en conta a voz da experiencia, mais abrindo paso a novos conceptos onde primen a transparencia, o diálogo e a participación da cidadanía.

É cando menos curioso comprobar que hoxe esta posibilidade é máis fácilmente executable debido á ausencia de inmovilistas e aferrados ao cargo. Acabaron abandonando a organización en busca dunha liberdade que negaron a terceiros no BNG. Unha esquizofrenia tras outra.

As persoas que conformamos esa nova xeración debemos dar un paso adiante, erguendo a voz para que non a oculte o ruido mediático, xerando o lume nacionalista do que xurda o Ave Fénix do BNG. Só así poderá existir verdadeira unificación do nacionalismo galego, baixo a forma que sexa. O demáis son fogos de artificio que mollarán a mecha en canto as súas contradiccións comecen a aflorar.

Xosé Manoel Marcote

Resp. Local do BNG en Baiona

@xosemarcote

Comentarios