Opinión

Contra a destrución de Cartelle e Ramirás

O domingo 7 de xullo celebrouse a “Cuarta andaina do canal de Escudeiros”. O seu percorrido —PR-G 143— discorre dende este lugar de Ramirás deica o alto do Val, no concello de Gomesende e beirea boa parte da espectacular conca do río Arnoia que marca a divisoria co concello de Cartelle. 

O canal, que leva o nome desta parroquia de tradición mineira, construíuse por volta da metade do pasado século, co gallo de desviar a auga do río para producir a electricidade que subministrase a actividade extractiva. Logo de ser axeitado nos últimos tempos, con recursos dos fondos europeos, constitúe un balcón de impresionante fermosura sobre o leito do río no medio dunha paisaxe natural enxebre.

O domingo 7 de xullo celebrouse a “Cuarta andaina do canal de Escudeiros”. O seu percorrido —PR-G 143— discorre dende este lugar de Ramirás deica o alto do Val, no concello de Gomesende e beirea boa parte da espectacular conca do río Arnoia que marca a divisoria co concello de Cartelle. 

O canal, que leva o nome desta parroquia de tradición mineira, construíuse por volta da metade do pasado século, co gallo de desviar a auga do río para producir a electricidade que subministrase a actividade extractiva. Logo de ser axeitado nos últimos tempos, con recursos dos fondos europeos, constitúe un balcón de impresionante fermosura sobre o leito do río no medio dunha paisaxe natural enxebre.

"A área de afectación desta explotación a ceo aberto contaminaría —sobre todo a través de acuíferos e ar— boa parte da extensión das bisbarras do Ribeiro e de Terra de Celanova".

Nesta ocasión a andaina adquiriu unha compoñente reivindicativa por mor da tentativa de pór en práctica nesta área un proxecto de minaría contaminante chamado Wolfram Aurense. A área de afectación desta explotación a ceo aberto contaminaría —sobre todo a través de acuíferos e ar— boa parte da extensión das bisbarras do Ribeiro e de Terra de Celanova.

Estas son prácticas de explotación colonial levadas a cabo dende hai centurias nos lugares máis subdesenvolvidos do planeta. Débense á falla total de escrúpulos —en contra do progreso dos pobos, do coidado do medio e do benestar das persoas— dos intereses do capital transnacional e contan co apoio interesado das cúpulas políticas dirixentes da democracia bipartidaria alternante.

O BNG sumouse á referida andaina do canal —na que estivo presente a responsábel da secretaría de defensa do territorio da executiva nacional—, contra os proxectos de minaría contaminante e en defensa do noso patrimonio. Diversos colectivos sociais e veciñais, englobados na Plataforma contra a destrución de Cartelle e Ramirás, participaron neste acto reivindicativo do noso chan común. A través do seguinte enlace dixital poden consultarse algúns documentos do seu traballo político en contra do saqueo e da destrución da nosa terra: http://www.bng-galiza.org/blog/2013/07/04/andaina-da-ruta-do-canal-de-escudeiros-non-ao-proxecto-mineiro-wolfran-aurense/

"As corporacións municipais afectadas, se queren ser dignas e cumprir co seu deber, non teñen máis alternativa ca alzaren a voz e opórense con contundencia a estas iniciativas feitas dende a impunidade, que deixan na indefensión absoluta os cidadáns".

En toda esta área de incidencia aínda existe a idea romántica do que eran as minas —fundamentalmente de estaño— de Escudeiros, debido a que segue vivindo xente que traballou nelas. Esta concepción baséase en que, en aparencia, os danos medioambientais non eran graves e en que esta ocupación xeraba moitos postos de traballo.

Moi lonxe do que supoñen arestora as actividades extractivas a ceo aberto que queren impor en Galiza: emprego de materiais supercontaminantes —coma o cinauro—, que ficaría en balsas de líquidos podres que degradarían de xeito indefinido todos os mananciais subterráneos; brutal agresión física ao medio, que conlevaría a desaparición completa de serras, montañas e aldeas, ao tempo que se xerarían grandes doses de pos nocivos en todo o ar; nula repercusión laboral —en contra das mentiras continuadas coas que queren seducir a poboación—, xa que, de ser o caso, só habería unhas contadísimas ocupacións para persoal de maquinaria moi cualificado e durante un limitadísimo período; saqueo dos recursos propios, a cambio de nos deixaren como legado unha irreversíbel e empobrecida paisaxe desértica, erma e hipercontaminada.

As corporacións municipais afectadas, se queren ser dignas e cumprir co seu deber, non teñen máis alternativa ca alzaren a voz e opórense con contundencia a estas iniciativas feitas dende a impunidade, que deixan na indefensión absoluta os cidadáns. No canto de usaren como estratexia o secretismo e a falla total de información —a diferenza do acontecido, a propósito deste caso, en Castrelo de Miño—, teñen que lle  reclamar á Xunta de Galiza que se opoña por completo a estes proxectos de explotación —na súa dobre dimensión— transnacional dos nosos recursos.

A realidade actual corresponde á dun mapa de arañeiras cos sectores produtivos abandonados e cunha poboación altamente envellecida. Mais isto é consecuencia directa das políticas postas en práctica, cuxas consecuencias son, entre outras: non ter en consideración as ilimitadas potencialidades do sector forestal galego; pexar as cotas de desenvolvemento do noso sector agrogandeiro; desaproveitar a riqueza en ben colectivo dos nosos montes comunais; restrinxir o potencial turístico a uns puntos concretos da xeografía, de perfil limitado(r)

Fronte a esta realidade viciada e altamente contaminante cómpren iniciativas que, ben lonxe da realidade presente, dende unha perspectiva estrutural, entre outros, promovan os seguintes aspectos: apoiar a creación de iniciativas produtivas, de transformación e de distribución.

"Fronte a esta realidade viciada e altamente contaminante cómpren iniciativas que, ben lonxe da realidade presente, dende unha perspectiva estrutural, entre outros, promovan os seguintes aspectos: apoiar a creación de iniciativas produtivas, de transformación e de distribución".

O canal de Escudeiros é un percorrido seguir —ao cal está convidada toda a xente á que el se quixer achegar— na boa senda da procura de harmonía entre natureza, desenvolvemento e vida.

Na súa andaina sitúanse pequenas mostras do que, ben lonxe do limitador intre actual, supón a posta en valor da nosa capacidade produtiva: o proxecto gandeiro posto en práctica polo empresario Carlos Salgado, que aproveita superficie privada e comunal; a cooperativa agroecolóxica da Terra de Celanova, de nome “Taco Culto”, que se fundamenta no aproveitamento de terras cedidas pola veciñanza, no traballo en contra do abandono e na aposta pola creación de emprego sustentábel no eido rural.

O BNG convoca unha charla informativa, ao abeiro da campaña “Non é unha crise, é un roubo”, o 19 de xullo en Corcoesto. Cómpre estarmos vixiantes xa que o (des)goberno galego pode aproveitar o verán para lle dar vía libre a este proxecto de explotación. 

Contra a destrución do noso patrimonio, na defensa dos nosos sectores produtivos, na procura do benestar da nosa poboación, en todo o territorio, temos que emprender novas xeiras dun longo camiño a andarmos.

Comentarios