Opinión

Bebés roubad@s

Asistimos á fundación de Asociacións nas que fillas e mesmo netas reclaman agora as maternidades post facto das súas nais, xa que elas non puideron exercer de madres e reivindicar @s seres que pariron. Carentes de todo poder, eran simples mulleres que deron a luz nun paridoiro corrupto, rodeadas dun persoal inimigo, monxas, matronas ou médicos, figuras representativas do poder eclesiástico e civil. 

Nunca tiveran dereito ao propio corpo e tampouco lle van conceder o dereito á criatura formada no seu corpo. Ao seren previamente espoliadas considéranas propicias a ser obxecto dun novo espolio. Serán vítimas propiciatorias de tramas montadas para facer desaparecer a bebés, os dela. Obxectas de pactos para levar a cabo a estratexia patriarcal, garantir paternidades de homes con privilexios e riqueza.  

Ulos maridos das parturientes? Ulos padres d@s bebés parid@s? Quen @s defendeu das garras da avaricia, da corrupción, das mafias...? Non serían homes potentados, pero eran de fixo pais desinteresados. 

"Nunca tiveran dereito ao propio corpo e tampouco lle van conceder o dereito á criatura formada no seu corpo".

Agora, anos despois, as descendentes daquelas nais desposuídas, en moitos casos xa falecidas, armadas de conciencia, dereitos legais e apoiadas polos descubrimentos científicos, como o ADN, reclaman xustiza no nome das madres e d@s bebés roubad@s. 

Xustiza que, na maioría dos casos, xa non alcanza os delincuentes. Asistimos, hai poucos meses, ao deceso dunha das monxas comprometidas no roubo. Daquela, nestes casos, a comprobación duns actos delictuosos que nos repelen, han servir para instaurar unhas normas legais que eviten cometelos no futuro. Tamén para que as madres adquiran o papel de suxeitas, como persoas con dereitos públicos, políticos s sociais.   

Valoro a denuncia do delicto pero non a busca e recuperación d@s afectad@s. As vidas das criaturas adoptadas non teñen por que ser mellor nin peor que as das criadas pola familia biolóxica. Cada quen ten a súa vida, a súa familia, a súa historia. Penso que non hai dereito a desequilibrala. 

Comentarios