Opinión

A revitalización do BNG - Resultados, política e alternativas

O proceso de consulta coas bases sociais que vén de iniciar o BNG é algo que deberían practicar asíduamente as formacións políticas, unha demanda activamente reclamada pola sociedade na actualidade. Fomos quen de ter a valentía e a humildade de abrirnos sin censuras a través dun documento que é tremendamente sinceiro.

O proceso de consulta coas bases sociais que vén de iniciar o BNG é algo que deberían practicar asíduamente as formacións políticas, unha demanda activamente reclamada pola sociedade na actualidade. Fomos quen de ter a valentía e a humildade de abrirnos sin censuras a través dun documento que é tremendamente sinceiro.

Fuxo dunha análise do prantexado nese documento, mais sí que me gustaría tentar dar resposta ás preguntas que nel se reflexan, non sen antes sinalar o que é evidente pero que non todos teñen comprendido: o proceso de consulta coa sociedade busca escoitar e finalmente reflexionar sobre o escoitado.

As miñas reflexións veranse desglosadas en dous artigos, no presente incidirei no tocante ao porqué dos malos resultados o 21-O e qué política e alternativas debe acometer o BNG.

Ç
Calqueira resultado no que o Partido Popular ou o PSOE obteñan maioría supoñen un fracaso da mensaxe de transformación social que lidera o BNG, non digamos xa si se disminúe representación. A estratexia pactista co PSOE fixo que se nos asimilase como parte do problema en troques de constituir unha alternativa a PPSOE, siglas que deberíamos comezar a empregar asíduamente.

Non sería lóxico actuar en base aos resultados obtidos? Un resultado inferior ao 25% dos votos nos sitúa ineludiblemente na oposición. Só poderemos exercer labores de goberno si somos, cando menos, a segunda forza política. Si a esta estratexia errada lle sumamos unha oposición interna feita pública e sin nengún tipo de contestación tamén pública ou cando menos disciplinaria, obtemos a fórmula que da como resultado os obtidos o 21-O.

Non é excusa máis sí que debe dárselle a relevancia debida ás consecuencias das escisións. Foi históricamente exemplar no nacionalismo galego a unión co fin de acadar obxectivos comúns. Roto ese principio xurde o desencanto, mais as paradoxas vividas non trascenderon todo o que deberían. Marxinantes que se consideraban marxinados e buscadores de cotas de poder que predicaban a rebelión cívica. Mais a peor situación foi comprobar como compañeiros aos que se lle presumía unha ética sin tacha secuestraron a vontade popular e o compromiso co BNG para non devolver as súas actas.

É lexítima a discrepancia política e de estratexias, é lícito tomar outros camiños, mais traizoar os principios éticos máis fundamentais deslexitima calqueira outro discurso que poda ir acompañado. Decepcionante, moi decepcionante. Agora sí, os resultados non nos deben levar ao engano, en canto á liña política non se debe dar un só paso atrás.

A militancia decidiu en Amio o que até o de agora se ten demostrado como axeitado. Cabe quizáis puntualizar sen complexos que o obxectivo soberanista non é algo estético, sinón que é unha ferramenta para a solución á nosa situación económica. Somos un pobo esquilmado. A histórica consigna de que non somos un pobo pobre sinón emprobrecido cobra máis vixencia hoxe ca nunca.

É evidente, tomando o expresado sobre o proceso de escisión que a cuestión da unidade do nacionalismo hoxe por hoxe non é factible, nomeadamente con outras forzas que hoxe contan con representación no Parlamento Galego. Non así con outras organizacións extraparlamentares.


A unidade do nacionalismo galego debe ser un obxectivo, mais non se deben descuidar os prioritarios que a sociedade demanda, xa se nos ten castigado de máis por estar permanentemente focalizados nos debates organizativos.

Xosé Manoel Marcote

Resp. Local do BNG en Baiona

@xosemarcote

Comentarios