mércores 15.07.2020

A publicidade institucional

Os amigos xornalistas e, sobre todo, os editores de empresas xornalísticas vanme odiar. Quizais tamén a que sostén este espazo onde me expreso. Pero que se lle vai facer. E digo que me van odiar porque o que quero dicir nestas liñas é que, por lei, habería que prohibir calquera clase de publicidade institucional nos medios de comunicación. Así de claro o digo. Aínda que gobernen os que nos caen, digámolo así, mellor.

 

Os amigos xornalistas e, sobre todo, os editores de empresas xornalísticas vanme odiar. Quizais tamén a que sostén este espazo onde me expreso. Pero que se lle vai facer. E digo que me van odiar porque o que quero dicir nestas liñas é que, por lei, habería que prohibir calquera clase de publicidade institucional nos medios de comunicación. Así de claro o digo. Aínda que gobernen os que nos caen, digámolo así, mellor.

A prensa necesita ser ceiba e, para selo, necesita, sobre todo, de lectores e lectoras que pasen por caixa e paguen polo seus contidos. Se un medio de comunicación ten ese público fiel disposto a pagar para ser informado, non se necesita ir detrás de concellos, xuntas e outros gobernos para que poñan un anuncio e así pagar as nóminas.

Mais a realidade o que nos amosa é que os medios de comunicación tradicionais non aguantan só coas vendas, que de cada vez son menos. Isto é especialmente claro cando analizamos a idade media da xente que merca os xornais. Os menores de corenta anos xa non ven no xornal un medio habitual de información. Viven na rede. Conectados e, xa que logo, ben informados. Non necesitan o periódico para nada.

"Se un medio de comunicación ten ese público fiel disposto a pagar para ser informado, non se necesita ir detrás de concellos, xuntas e outros gobernos para que poñan un anuncio e así pagar as nóminas".

E así, os xornais fináncianse con coleccións de tixolas, cedés ou gafas de sol.

E, sobre todo, con publicidade institucional.

E cando a iso chegamos, a que a primeira fonte de ingresos dun medio de comunicación é o goberno ou a corporación municipal (que entrega a dedo os anuncios e non, dende logo, usando un criterio inocente), daquela a prensa está morta.

E a información xa non é información senón que é publicidade.

E a información xa non é información senón deformación.

E a información xa non é información senón manipulación.

E non vou dicir nomes, pero polo sur de Galicia temos algún alcalde, todo un cabaleiro, que mete cartos e cartos e cartos de publicidade institucional nun xornal en concreto que tampouco vou dicir cal é pero xa todos sabedes cal é que non necesitades un faro que vos guíe, e así garántese, cando menos, que non sexan moi duro con el. E, de paso, que se silencie ou se minimice o que a oposición queira dicir.

A publicidade institucional debe de desaparecer de todos os medios de comunicación. E, xa que estamos, que dediquen esas partidas a axudar de verdade a xente. Que somos, por outra banda, os que pagamos esas campañas masturbatorias dos alcaldes e presidentes.

comentarios