Opinión

A navalla do Manuel

Cada oito de setembro, xa entre o verán case que ido e enchegando pola soleira o outono nacente, así todas e todos quen alí concorran, celebraremos un maís a toda fidelidade o cabodano de Manuel María, voz da chaira, poeta nacional, lugués de Outeiro de Rei e nomeador primoroso do regato do Cepelo, andar de augas a camiñar paseniño tan enchentas de afectos a ferrados. Cepelo fillo do Ladra e neto do Miño.

Cada oito de setembro, xa entre o verán case que ido e enchegando pola soleira o outono nacente, así todas e todos quen alí concorran, celebraremos un maís a toda fidelidade o cabodano de Manuel María, voz da chaira, poeta nacional, lugués de Outeiro de Rei e nomeador primoroso do regato do Cepelo, andar de augas a camiñar paseniño tan enchentas de afectos a ferrados. Cepelo fillo do Ladra e neto do Miño.Agarimoso nome e augueiro xusto tan compartido polos amigos e polas amigas de Manuel María, que así entre ben delas e deles o saben e poden confirmar, Saleta, Paco Martín, Marica Campo, Pilar García Negro, Isidro Novo, Mini e Mero, Xosé Lois García, Alfonso Blanco Torrado e Camilo Torres, a moza Alba e o mozo David de Vilalba tamén estes dous, por dicir algúns dos que ano a ano presencian no día e emporiso sen deixar de dicir tamén aos membros da Irmandade Manuel María da Terra Cha e asemade os da Fundación Manuel María, así como os do Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba.

Día oito de setembro que comeza sobre das dúas da tarde para irmos xantar ao Mesón “ da Radio”, que está ao pé da Ponte do Río Ladra indo de Rábade a Pena de Rodas, por certo este último , as Penas de Rodas, un lugar ben estimado por Manuel e ao que lle deu atención importante na súa poesía, que alí está á vista como bicando a pedra xigante de gran das Penas. De seguido collemos andar ás propias Penas de Rodas e alí todas e todos quen queiran, da man da palabra nosa, a galega, ben en poesía, ben en prosa, na liberdade de convivir no importante, interviremos para dar celebración de fondo acariño ao noso poeta e así establecer certeza na lealdade á súa memoria viva e popular.Logo xa imos ao cemiterio de Outeiro de Rei e alí á palabra coral e á música de “ O Carro”, guiados moi en especial por Mini e Mero, coa estimable axuda deTino Vaz e Miro Casabella, comezamos o acto de fondos recordos e sentimentos de sermos auténticos na fidelidade a Manuel. Serán os recitados de moitas e de moitos quen resoen a cualidades inmedibles de aprezo e así acompañarase dunha ofrenda floral que cada quen disporá na lousa de Manuel onde emerxen tantos soños na gaiola que responsablemente , tamén a seu mandado, debemos liberar por rúas de ventos certamente ceibes. Como todos os anos será Saleta quen dea comezo a este achergarmos sentido ao pé de Manuel en Outeiro e así facelo todas e todos nós para saber e construcción de Galiza e asemade desta maneira aportar máis obra como se debe no concorrer dos pobos que definirán , e definen, auténtica humanidade e verdadeira universalidade desde sermos nós. Acabaremos estes momentos na campa de Outeiro co cantar do noso himno.


"Dia de nos ver e compartir o sentir fondo, irrenunciable, da nosa fidelidade a Manuel María".


E xa contra o solpor aínda noviño, sol fóra como diría un irmán portugués, xa imos á Carballeira de Santa Isabel, espazo de moitísima consideración para Manuel María ao que tamén lle adicou con verdadeiro sentido de pertenza ben delas das súas creación poéticas presentes nas súas diferentes publicacións. Este espazo de tanta importancia para Manuel estivo sempre nel así o levou interiorizado con el ata sempre. Pois ben, na Carballeira da Santa Isabel, ou Sabela, como lle gusta dicir a chamo a Alfonso Blanco Torrado, alí nas sombras ao compás do ando das augas do río, diante da mesa de pedra con pan de Boimorto, queixo das Quintas de Codeseda, de Monterroso e de Antas, con viño de Sober e os figos da Horta da Casa de Ozal de Sarandón, levarase a cabo a ceremonia comunal da entrega da “NAVALLA DO MANUEL” ( que ben de todos é sabido que o noso poeta usaba a navalla, as navallas, de sempre para compartir e repartir pan e queixo para acompañar ao vaso de viño).

Deste rango da “ NAVALLA DO MANUEL” foron merecentes e recoñecidos, Alfonso Blanco Torrado, Xulio Xiz, Avelino Pousa Antelo, Darío Xoán Cabana, Camilo Torres, Mini e Mero,(tamén quen isto escribe) e este ano recíbea o traballador responsable, penso que digo ben, da recuperación da nosa memoria histórica, o escultor Valdi, lugués de Castro Verde, residente en Sada, un dos gardadores activos da memoria de Suárez Picallo e asistente sempre, presente a todo ser, en todo o tocante á nosa memoria histórica, viva e colectiva, así como en todo aquilo ( que non sabemos como dispón de horas tantas) onde Galiza se constrúa e se determine. De seguido e logo de recibir Valdi a navalla, procederá a cortar o pan e o queixo e así xunto cun vaso de viño, levará o primeiro bocado comunal desta celebración popular e aberta a Saleta para logo ir repartindo iso mesmo, pan queixo, viño e figos, entre todas e todos, asemade participamos do facer coidadoso a toda voz dos nosos cantores nacionais.


Un día este de estar a amplo significado de vivir intensamente a patria, o oito de setembro.Un día, o da NAVALLA DE MANUEL, de nos ver e compartir o sentir fondo, irrenunciable, da nosa fidelidade a Manuel María. De que ben sería contar con tantas e tantos , cada ano máis, nesta data nacional aló no soñar xigante da Chaira enteira a todo futuro e polo mesmo xuntos poder disfrutalo certo a non moito tempo de alcance.

***( Recordaremos tamén ao noso Avelino Pousa, Lucho do Peto, que en vida nunca faltou a esta concorrencia e así agora estará a toda intensidade e afectos connosco e con Manuel María)

Comentarios