mércores 08/12/21

A esta xente non lles preocupa como van quedar na historia?

A esta xente non lles preocupa como van quedar na historia?

Non lle preocupa a Cospedal pasar á historia como a señora que dixo as parvadas que dixo, en directo e en diferido, que xustificou o que non se podía xustificar, que insultou como insultou a quen merecería respecto (por exemplo ás vítimas do nazismo)?

Non lle preocupa a Rajoy pasar á historia como o presidente que recurtou tanto en sanidade que houbo quen morreu (porque é así) por falla de asistencia ou por atención deficiente por falla de medios, que recurtou tanto en educación que hai a quen se lle negou un futuro (porque é así) e tivo que emigrar deixando a alma e a tristura para sempre negras e moi dentro?

"Non lle preocupa a Gallardón pasar á historia como o ministro de xustiza (manda truco) que estableceu un novo sistema que fixo que a xustiza se lle puidese administrar aos ricos pero non aos máis desfavorecidos?"

Non lle preocupa a Rouco Varela pasar á historia como un señor que en pleno século XXI dicia cousas do XV, atacando ás mulleres e o seu libre dereito a decidir que facer co seu corpo, defendendo o indefendible, condeando a morte (porque é así) a tanta e tanta xente ao condear o uso do preservativo nin sequera como método contra da SIDA?

Non lle preocupa a Gallardón pasar á historia como o ministro de xustiza (manda truco) que estableceu un novo sistema que fixo que a xustiza se lle puidese administrar aos ricos pero non aos máis desfavorecidos?

Non lle preocupa aos Borbóns, de novo, quedar na historia como unha rémora indesexable que impide a liberdade e o progreso nun país (porque é así: non son libre de elixir ao xefe ou xefa do estado).

Igual é que eu son un esaxerado, pero dende que era moi pequeno me preocupou isto de que será o que de min quedará, como me xulgará a historia, como figurarei nos anais dos tempos. De verdade que era moi pequerrechiño cando xa destas cousas me preocupaba. Por iso me custa tanto entender que estes persoeiros, que saben que van quedar do lado dos parvos na historia (sabíao Franco, ou que te pensas) alucíname, de verdade que si, que sen embargo, actúen como actúan. Tal que fosen inmortais.

"Non lle preocupa aos Borbóns, de novo, quedar na historia como unha rémora indesexable que impide a liberdade e o progreso nun país"

Pola vida pasas e tes a posibilidade de facer algo bo ou contribuir ao desastre. Esas xentiñas, peneques perdidos polo poder e as maiorías absolutas, esquecen que son mortais. Iso que lle lembraban sempre ao césar para que non se pasase moito de soberbio. Eles non se decatan de que un día só serán unha lembranza.

E semella non preocuparse de que clase de lembranza será a que nos deixen.

Por iso actúan como actúan.

Esnaquizándoo todo.

A esta xente non lles preocupa como van quedar na historia?
comentarios