Opinión

Nacionalismo excluínte?

O argumento de calificar aos nacionalistas como “excluíntes” vén entroncar perfectamente coa mellor tradición do nacionalismo español. É dicir, a pelexa pola nosa dignidade nacional, como elemento excluínte. Por certo, similar argumento ao esgrimido por Sánchez Camacho, líder do PP en Catalunya, quen denunciou onte mesmo, a exclusión á que se ven sometida á cidadanía non nacionalista. Euskal Herria tamén ten as súas versións coñecidas.

 “...me parece que o nacionalismo é excluinte. Imos todos no mesmo barco e o inimigo non e «Expaña» (...) De aí ven este fronte común, da idea de aparcar esa reivindicación de nación pola reivindicación de clase” 

Así afirmou nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, Carmen Iglesias, a deputada de AGE que finalmente sustitui a David Calviño, tras a crise aberta no seu seo que tivo, e ten, como orixe a posterior crise en Anova e nas relacións con EU. Desde logo, o argumento de calificar aos nacionalistas como “excluíntes” vén entroncar perfectamente coa mellor tradición do nacionalismo español. É dicir, a pelexa pola nosa dignidade nacional, como elemento excluínte. Por certo, similar argumento ao esgrimido por Sánchez Camacho, líder do PP en Catalunya, quen denunciou onte mesmo, a exclusión á que se ven sometida á cidadanía non nacionalista. Euskal Herria tamén ten as súas versións coñecidas.

"O argumento de calificar aos nacionalistas como “excluíntes” vén entroncar perfectamente coa mellor tradición do nacionalismo español".

Porque se Carme Iglesias se estaba a referir á identidade galega, e só galega, e polo tanto, unha identidade non española como unha identidade excluínte, debemos lembrar que todas as identidades, por definición, son “excluíntes”. Todas. Para ser unha cousa non se pode ser outra. Para ser católico, hai que seguir uns determinados valores do catolicismo e non se pode ser católico se cres en varios deuses. As bandeiras, por exemplo, teñen ese poder simbólico. Define a un nós, frente a un outros. As exclusións, en definitiva, poden ser consideradas normais; como a que existe entre un francés e un italiano ou ser do Depor ou do Celta. Ninguén discute o que os diferencia. Ou conflictivas: como a que existe entre ser galego e español. Porque nesta última existe unha disputa política e social por dotar de contido e dimensión a esas identidades. 

Concedéndollo unha estreita dúbida a Iglesias de que non se refería á denuncia de ser galego e non español, como unha identidade excluínte, tamén debemos afirmar que en parámetros sociais o noso non é un proxecto de exclusión. Desde a refundación contemporánea do nacionalismo galego en 1964, é un proxecto hexemonicamente enclavado nos valores da esquerda no económico; progresismo no social; e conservador no antropolóxico e cultural. E unha vocación de servizo ao País e ao povo galego, entendido como o conxunto de persoas que viven e traballan na Galiza.

"Aos meus amigos e amigas de Anova, lembrar que frente ao que se dixo, de que as alianzas poderían 'galeguizar' aos compañeiros de viaxe, semella que o adiamento da cuestión nacional, é o que se vai impondo".

E sobre que o “inimigo” non é España, que dicir... Hai que ser moi descoñecedor da historia ou un chisco/algo/moi español, desde o punto de vista identitario, para ver no proxecto que ofrece España, unha posibilidade de convivencia respeituosa. Porque agora, que novamente as nacións piden paso, o único que se ofrece é uniformización centralista. Iso si, “defendo o dereito dos povos a decidir” sempre que sexa en abstracto... como ben reflicten o núcleo das afirmacións. 

Aos meus amigos e amigas de Anova, lembrar que frente ao que se dixo, de que as alianzas poderían 'galeguizar' aos compañeiros de viaxe, semella que o adiamento da cuestión nacional, é o que se vai impondo. Visto desde fóra, sorprende a énfase dalgúns sectores nas críticas sobre falta de democracia, cando no fundamental, a política de alianzas serán votadas en referendo. Escoitar pola contra, chamadas a reforzar AGE e a vía que representa sen maior crítica.

"O noso proxecto para a sociedade galega non é  excluínte. É un proceso de integración. De integración das maiorías nun proceso de empoderamento que nos leve a un novo estado".

En canto á banalización da “reivindicación de nación”, moito ollo. Cando falamos do sector naval, do agro ou do sector pesqueiro, estamos a falar de sectores poductivos estratéxicos para Galiza, que están a atravesar graves problemas. Problemas agravados de decisións que están a ser tomadas pola UE reiteradamente en contra dos nosos intereses nestes ámbitos. Evidencia de incapacidade dentro do aparello institucional europeo para que Galiza poida ter instrumentos efectivos para facer frente a decisións negativas ou xestionar por nós propios as solucións aos problemas. Determinadas cuestións poden resolverse simplemente con poder político. Non é preciso agardar á fin do capitalismo para implementalas, chega con ter instrumentos políticos.

Finalmente, o noso proxecto para a sociedade galega non é  excluínte. É un proceso de integración. De integración das maiorías nun proceso de empoderamento que nos leve a un novo estado. Un estado que reflicta a sociedade galega na súa pluralidade. Un novo estado que faga posíbel a democracia aproveitando o noso pequeño tamaño de poboación. Unha democracia participativa e cuxos representantes directos afronten sempre as dificultades con soberanía e sentido de estado (galego).

Comentarios