sábado 27/11/21

O apalpador de orixe chairega

Chega o Nadal e con el, en Galicia, medra cada día a implantación da figura autóctona do Apalpador

Chega o Nadal e con el, en Galicia, medra cada día a implantación da figura autóctona do Apalpador, que nos últimos anos se vai asentando en fogares, escolas, músicas e literatura para os máis pequenos.

Pero son poucos os chairegos que coñecedores de que un paisano seu, concretamente dos Vilares, Guitiriz, é o principal investigador e impulsor da figura do Apalpador, do que fixo investigación de campo no Courel e artigos e escritos para a recuperación desta figura que, ano tras ano, está a medrar no nadal cómo unha personaxe propia, autóctona, que compite coa mercadotecnia colonizadora dos reis de Oriente e do Noël nórdico/ianki.

Foi no 2006 no Portal Galego da Língua cando José André Lôpez Gonçâlez publicou o seu traballo sobre o Apalpador: José André Lôpez Gonçâlez naceu nos Vilares, no lugar da Ponte en 1955 e mantén parentesco co señor Pedro de Patricio, o Trapeiro dos Vilares pois o seu avó, o famoso Xastre da Ponte era irmao deste e da vella Requecha do Cando, na parroquia de San Salvador, nai de Xosefa a regueifeira do Cando. Aos cinco anos marchou coa familia para a parroquia tamén chairega de San Xoán de Alba.

Estudou ciencias da información e traballou en Euskadi durante moitos anos. Agora mesmo reside en Madrid. Ademáis de delegado de ventas dunha empresa, ten destacado pola súa militancia nacionalista e por ser un respetado tradutor, poeta ensaísta. Hoxe, mantense activo nesa liña desde as terras da capital do estado.

Impulsor de publicacións e revistas de pensamento marxista e colaborador de iniciativas a prol do galego e da norma reintegracionista, mantén grande amizade polifacético vilarego Raúl Río.

O Apalpador, das terras do Courel que tanto visitou o señor Pedro, o Trapeiro, saleu, dos Vilares de Guitiriz para facer felices ao rapaces galegos

Esplendido poeta, ten adicado a Díaz Castro un fermoso poema aló por outubro de 1990 polo seu pasamento, pero eso será comentario doutro momento...

O Apalpador, das terras do Courel que tanto visitou o señor Pedro, o Trapeiro, saleu, dos Vilares de Guitiriz para facer felices ao rapaces galegos. Aínda fai poucos días que Tereixa Novo, de Fuxan os Ventos, comentaba que o Apalpador se lle asemellaba moito ao trapeiro de Parga que visitaba Doncos na súa mocidade...

E Fuxan musicará no seu próximo disco o romance de Pedro Trapeiro, poema de Marica Campo adicado ao tío avó de José Andrê Lôpez González que paraba na casa dos Campo no Incio, onde gardaba o se burro, almacenaba trapos e cos que mantiña unha grande relación.

José André Lôpez González é un grande descoñecido na Chaira e ben merece ser respetado e estudiado nas súas numerosas facetas, na investigadora, ensaísta e poética. Neso andamos.

O apalpador de orixe chairega
comentarios