Romaría en Cangas: "Danzas ancestrais de Darbo"

09 set. 2022
Varias localizacións en Darbo
Finaliza a romaría de Cangas con danzas e contradanzas que percorrerán as rúas da localidade galega
As danzas e contradanzas poderanse gozar nas rúas de Darbo.
As danzas e contradanzas poderanse gozar nas rúas de Darbo.

Data de remate desta tradicional romaría que comezou na pasada terza feira, que pon en valor a danza e contradanza de Darbo, unha das pezas máis antigas de Galiza.

A 'Danza e Contradanza de Darbo' é a terceira das danzas ancestrais que perduran no concello de Cangas (xunto coas danzas de San Cibrán de Aldán e de San Roque do Hío, e que resultan de especial orixinalidade entre as moitas que se contan na comarca do Morrazo) e data como mínimo do século XVI.