A Feira do Libro continúa con diversas firmas na Alameda de Compostela
04 maio 2022
12:00 h
Alameda de Compostela
Diego Ameixeiras, Juan J. Prieto, Lino García Salgado, Rosa Aneiros, Julia Lago e Afonso Eiré estarán na Feira do Libro de Compostela
Continúa a Feira do Libro en Santiago de Compostela. A axenda inicia ás 12 horas na caseta da Libraría Ler, co escritor Juan J. Prieto.
A seguir, ás 18, Diego Ameixeiras estará na da Agrasar e Lino García Salgado na da Pedreira, asinando canda seus exemplares: O cervo e a sombra (Xerais) e Kamikazes (Medulia).
Na caseta de Pedreira, ás 19, Rosa Aneiros estará con Catro Plumas de dinosauro (Xerais).
Por último, as presentacións serán as de Nos seis (Dep. da Coruña), de Julia Lago, ás 18.30 e Ausentes (Hércules), de Afonso Eiré, ás 19.30.