Presentación | 'Triquiñóns. 18 Días á sombra. Dúas narracións inéditas'
Xosé Enrique Acuña
No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente, cuxa obra, de publicarse no seu tempo, convertería a Ruibal nun pioneiro na temática da Guerra Civil na nosa literatura. Acompañando o editor do libro estará Xosé Álvarez Castro, historiador.