O gran camiño: Alba Prol Cid e Raúl García
17 ago. 2022
12:00 h
Praza Santeiros de Chave, Lousame
Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de cineastas que decide cargar as súas cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo
O Pacifi c Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camino Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago non son máis que unha desculpa para unha viaxe máis profunda na procura da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrifi cio pola familia, os confl itos sociais, a espiritualidade ou o coidado do noso planeta.