Imprimir

Isaac, capitan, dos homes e das mulleres libres de Galiza.

Mario Outeiro | Delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo

Nós Diario | 17 de novembro de 2013

Mimina, Isaac grazas pola vosa presenza aquí, grazas pola vosa achega a cultura do noso País, grazas Isacc, por ser como fuche e como es, creador dunha arte de nos, nova, novisima pero que se vincula no tempo a aquelas formas románicas e barrocas que tanto quixeches e queres e que co teu irmán, camarada, amigo Luis Seoane trouxestes ao campo da modernidade. 

Mimina, Isaac grazas pola vosa presenza aquí, grazas pola vosa achega a cultura do noso País, grazas Isacc, por ser como fuche e como es, creador dunha arte de nos, nova, novisima pero que se vincula no tempo a aquelas formas románicas e barrocas que tanto quixeches e queres e que co teu irmán, camarada, amigo Luis Seoane trouxestes ao campo da modernidade. Si o legado que os mestres Mateos de todas as ermidas e catedrais do Reino de Galiza, canteiros das pedras que moldearon, o que é de nos, formas ás que lle puxeron porque sabían eles homes e epigonos de Nos que a policromía esta presente na nosa Arte.

"Quero darche folgos para manter vivas Sargadelos e o Castro porque son simbolos xa da nosa identidade nacional e tamén emprego e exemplo do que debe ser unha empresa que responda a un modelo de desenvolvemento autocentradoE

Quixo Isacc e a Mimina, ela que estaba chamada a ser unha señora burguesa e que rematou vinculada a un rebelde con causa, cando ser rebelde custaba a vida, visitar a colección do Sargadelos antigo que temos nesta casa e explicábanos o Isacc cando na emigración /exilio arxentino acordaron á par de Seoane na Madalena e tamén de Puente  e tamén de Prada, rescatar o espíritu de Ibañez, home das luces coma eles, que aspirou a sacar Galiza do atraso e aquí se inicia o camiño deste noso ilustrado do século XX no Castro e en Sargadelos para poñer a andar a máis importante experiencia de creación artística da Galiza da segunda metade do século XX, pero tamén dun modelo de xestión empresarial social, que foi progreso para as comarcas da Mariña e das Mariñas pero que sentou unha identidade de seu para nos e para os nosos compatriotas. E neste momento eu quero Isacc darche folgos para manter vivas Sargadelos e o Castro porque unha é outra son simbolos xa da nosa identidade nacional, como factor diferenciador da nosa cultura, pero tamén unha e outra son emprego e exemplo do que debe ser unha empresa que responda a un modelo de desenvolvemento autocentrado e tamén como non a esperanza de vida de familias que viven da mesma e esperanza daquel o noso exilio americano que destinou fondos e folgos a poñer en marcha esta nova grande obra na súa terceira etapa que nos agardamos xa para sempre definitiva.

Comentabame agora Isaac, mentres observabamos a cartelería  que seu pai deseñou para a rede de teatros de quen foi seu padriño, Isacc Fraga e a propaganda de Galiza na exposición universal de Sevilla de 1929 que significa ser pintor a destempo. E mentres reparamos no motivo do Cebreiro que recolleu, o seu pai, recordolle que nunca foi un pintor a destempo, na contra anunciou un novo xeito de relacionarse coa pintura que superaba o retratista de señores burgueses que lle tocou vivir sendo case un pícaro naquel Madrid da postguerra, para saltar xa de seguido a Londres e decatarse anunciar un tempo novo para a pintura galega. E aínda así gusto do Isacc pintor clásico, retratista dos señores burgueses, coa mesma forza e intensidade que o rupturista, que coñecedor da nosa tradición pincela formas redondeadas, formas barrócas tanto do aprecio de Don Ramón o de Trasalba, e ás veces xoga co trazo fino, distorsianando o que semella o dominio da leña fina dun Maside, e segue co colorido, un colorido que conecta con aquel que descrebe o Códice Calixtino da vella Catedral de Compostela, que foi cor a cor azul, vermello, pero tamén marrón e branco. E por iso Isacc para min é un dos grandes pintores, dos primeiros, dos da dianteira da nosa pintura nacional.

"Quero agradecerche en nome da Galiza vencida o esforzo ímprobo que tes realizado para recuperar a memoria do 36 en Galiza"
 

E falamos agora co Isacc, mentres saudabamos no piso de arriba a Gómez Román, el que quixo ser arquitecto e que non puido selo pola traxedia que asolou a familia após a besta, após á viaxe por Galiza de Atila, e falamos tamén co Antón Fernández e co Álvaro Xil, filántropo coma el, amigo das artes coma el, habitual de Sargadelos naqueles veráns en Viveiro e lembrabamos a aquela xeración coa que se formou este noso pais maior de Sargadelos e mentres falaba de Otero, de Casas, de Boveda, de Castelao afirmaba o que tantas veces lle temos escoitado, cando sendo un mozete de quince anos acusou 1 mes antes do 18 de Xullo a Casal, a Castelao e ao seu propio pai de pequenos burgueses, pequenos burgueses que transcorrido o tempo rematarían dous paseados e un por sorte no exilio. E rematamos restaurando a memoria dos vencidos, e eu, Isaac, quero agradecerche en nome da Galiza vencida o esforzo ímprobo que tes realizado para recuperar a memoria do 36 en Galiza, memoria cando a amnesia era a práctica habitual, memoria que naquela altura sinificaba denunciar o pacto de silencio da transición, obrigado ao fin Isaac por esa editorial que foi edicións do castro e por esa colección que foron os documentos para a historía contemporánea de Galiza.

Queda pois con vos Isacc Díaz Pardo, o fillo do irmán Diz Baliño, galego dunha peza, un galego enteiro parafraseando a Curros. E nos aquí en Lugo, sentimonos orgullos de que se presentara a acompañarnos neste acto que pretende divulgar o seu labor como creador, como empresario cunha concepción determinada polo marxismo do que deben ser as relacións capital/traballo, cun galego a tempo completo. E nos Isaac, xente de terra a dentro, contigo estamos dispostos a ser mariñeiros, e percorrer calquera oceáno e iniciar novas viaxes, viaxes que se rexen pola rosa dos ventos da galeguidade. E nesta cativa parte da galeguidade que hoxe enche a casa dos teus amigos, Gómez Román, Antón Fernández e Álvaro Xil, seguimos dispostos contigo a facer votos a embarcarnos na seguinte aventura, na empresa que ordeas, abrindo novas rotas neste noso mar ao norde que temos os lugueses, todos e todas, tras ti e contigo, un a un, coa estrela branca e vermella, aquelas que ti deseñaches  para a campaña do estatuto do 36 porque como afirmabas daquela as dúas simbolizan a liberdade. Contigo sempre, capitan, dos homes e das mulleres libres de Galiza.

 

Discurso de inauguración da exposición "A vangarda das formas".  
Xoves, 14 de novembro de 2014

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/mario-outeiro/isaac-capitan-homes-das-mulleres-libres-galiza/20131116235039021323.html


© 2020 Nós Diario