Ataque ao direito á xubilación

Vía de auga á frota galega

Un cambio de norma retrasa a idade de xubilación dos tripulantes da frota conxeladora galega, unha decisión que bota polo chan dereitos conquistados hai anos e que afecta miles de persoas no noso país. Algúns terán que alongar catro anos a súa vida laboral. Nos portos galegos xa se articula unha resposta. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 265 de Sermos Galiza.

[Imaxe: PSG]
photo_camera [Imaxe: PSG]

O goberno español atrasa a idade de xubilación a centos de mariñeiros galegos da frota conxeladora. Unha medida que, se lle poñemos a perspectiva de que afecta tamén a quen embarcou nese sector da frota galega ao longo destas décadas, levaríanos a falar de miles, e non de centos, de tripulantes afectados. “Unha canallada, o maior roubo de dereitos sociais da historia da pesca galega”, como enfatiza Xabier Aboi, da CIG, en conversa con Sermos Galiza.  

3Unha circular do Instituto Social da Mariña (ISM) impide que se poida aplicar o máximo coeficiente redutor a barcos palangreiros e arrastreiros. O que, no Estado español, é falar de barcos e mariñeiros galegos. Duns 90 barcos no caso dos palangreiros e, de engadir os arrastreiros, elevaría os buques afectados a varias ducias máis. Non estamos, pois, perante unha anécdota. Nomeadamente en portos como Marín, Vigo, Ribeira ou comarcas como A Mariña. 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 265 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios