USO súmase a CIG, CUT e STAJ e sentan unha “nova maioría sindical” na administración de xustiza

Nun comunicado conxunto indican que a greve “continúa até acadar un acordo que permita rematar co conflito”.

traballadoras da administración de xustiza

O sindicato con máis representación na administración de xustiza en Galiza, SPJ-USO, vén de se sumar aos tres sindicatos críticos (CIG, CUT e STAJ) no conflito da xustiza. Conforman así unha maioría sindical no comité de greve. Nun comunicado conxunto chaman a se sumar a esta maioría aos sindicatos que aceptaron a oferta da Xunta (CCOO, UGT e CSIF) e indican que o persoal deixou a súa opinión ben clara en asembleas e votacións a pasada sexta feira: non aceptaban a última oferta da Xunta como punto e final do conflito.

A greve, informan estas catro centrais, continúa ata acadar unha oferta que permita acabar cunha greve que vai cara os tres meses (90 días) de duración.

Os catro sindicatos teren transmitido esta declaración á prensa no mesmo día en que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, deu por "rachada a unidade sindical" durante a súa intervención nunha cerimonia en Abadín (Lugo).

Comentarios