Os traballadores de Alcoa saen á rúa este domingo: "non imos parar"

Os traballadores de Alcoa advertiron de que seguirán loitando "polo futuro da Mariña" e "reclamando todos os dereitos", para o que convocaron unha nova manifestación este domingo perante a Subdelegación do Goberno en Lugo.

Os traballadores de Alcoa en San Cibrao din que continuarán coas protestas até que o Ministerio de Industria explique os seus plans (Foto: Arxina/Europa Press).
photo_camera Os traballadores de Alcoa en San Cibrao din que continuarán coas protestas até que o Ministerio de Industria explique os seus plans (Foto: Arxina / Europa Press).

Os traballadores de Alcoa advertiron de que seguirán loitando "polo futuro da Mariña" e "reclamando todos os dereitos", para o que convocaron unha nova manifestación este domingo perante a Subdelegación do Goberno en Lugo.

Nun vídeo remitido aos medios de comunicación, insistiron en que "non van parar" até poder explicar, ante o Ministerio de Industria, "todo o que lle fixo Alcoa aos traballadores" e "todo o que se incumpriu por parte do Goberno".

"Polo futuro da Mariña"

"Iremos reclamar os nosos dereitos e a loitar polo futuro da Mariña, que necesita unha fábrica de aluminio primario; fundamental para a transición ecolóxica"; defenderon.

No vídeo agradeceron tamén o apoio do BNG e, en concreto, do deputado Néstor Rego.

O nacionalista, pola súa banda, defendeu a loita dos traballadores por "salvagardar todos os postos de traballo e manter a actividade" e insistiu en que a solución "pasa pola intervención pública, aínda que sexa temporal".

"Non entendemos a actitude do Ministerio de rexeitar a posibilidade de que a planta fose adquirida pola", dixo o deputado Néstor Rego

"Non entendemos a actitude do Ministerio de rexeitar a posibilidade de que a planta fose adquirida pola Sociedade Estatal de Participaciós Industriais (SEPI) para logo pasarlla a un operador industrial cun proxecto serio, solvente e de futuro", sinalou Rego.

"Imos continuar traballando para que as Administracións públicas con competencias industriais, incluída a Xunta de Galiza, que non se pode pór de perfil ante este problema, actúen de maneira decidida".

Comentarios