O Supremo sentenza que os períodos de ERTE na Covid non contan para a percepción do paro

As prestacións de desemprego veranse minguadas.
Traballador nunha empresa da construción (Foto: Europa Press).
photo_camera Traballador nunha empresa da construción (Foto: Europa Press).

A Sala do Social do Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que resolveu que non pode computarse o período de percepción de prestacións de desemprego como consecuencia da suspensión do contrato de traballo en Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) -aos que se acolleron 196.619 traballadores e traballadoras na Galiza- por forza maior a causa da Covid a efectos de percibir unha nova prestación de desemprego.

A Sala explicou que a normativa a causa da Covid "non introduce unha nova regra da que puidese derivarse que esa clase de desemprego xere máis beneficios que os previstos con carácter xeral, ao momento de que deba entenderse como cotizado por desemprego e permita lucrar un novo período de prestación".

Desta maneira, a sentenza aclarou que dito real decreto só buscaba asegurarse de que esa excepcional exoneración de cotizacións empresariais nos devanditos períodos "non incidise negativamente na situación xurídica do traballador".

"Esa lei especial non pretende xerar un dereito distinto e máis extenso que o contemplado na Lei Xeral da Seguridade Social, senón manter para o traballador o mesmo estatuto xurídico recoñecido na normativa ordinaria, a pesar da inexistencia de cotizacións empresariais no período de prestación de desemprego Covid", subliñou.

O Supremo expuxo que nada impide que se admita a posibilidade de xerar períodos de desemprego polo só feito da cotización, non acompañada da efectiva realización dunha ocupación cotizada, mais estas "excepcionais situacións" deberán estar contempladas de forma expresa na devandita lei.

Así, o tribunal subliñou que de ser esa a vontade do lexislador coa promulgación da normativa legal que se está analizando, así o faría constar "expresamente". "Ao non contemplar a normativa especial este dereito, a Sala conclúe que é aplicábel a regulación xeral que exclúe esa posibilidade", reiterou o Supremo.

Na resolución, o tribunal ditou que o número de días de prestación que recibirá unha empregada é correcto, ao non poder engadirse o tempo en ERTE.

Comentarios