Estes van ser os cambios e as novidades no subsidio do paro

Catro grandes novidades. Na Galiza. Esta prestación percíbena na Galiza un total de 39.157 persoas segundo os últimos datos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), correspondentes ao pasado mes de outubro.
Oficina de emprego, paro foto de arxina
photo_camera Oficina de desemprego en Compostela (Foto: Arxina)

O Ministerio de Traballo ten previsto remitir a Bruxelas un documento no que expón como vai ser a reforma do subsidio do paro. A intención é, segundo avanzou a Cadea Ser esta cuarta feira,  estendelo a 152.000 novos beneficiados no Estado. O texto contén catro grandes novidades coa que estender as coberturas do chamado subsidio asistencial por desemprego.

Así, pretender ampliar ese subsidio de 480 euros que se cobra cando un perdeu a prestación por ter cotizado, a un novo grupo: os menores de 45 anos sen cargas familiares. Ese grupo estaba excluído da prestación.

Ademais, desde que se solicitaba até que se ingresaba, pasaba un mes de espera. Ese mes anúlase e preténdese conceder desde o momento mesmo da solicitude. O período de revisión desa axuda pasará ser trimestral.

Preténdese, ademais, que esa axuda sexa compatíbel con que un acepte un emprego durante polo menos un mes. Con isto procúrase que un poida dicir que si a unha oferta laboral sen medo a que sexa un traballo inestábel ou sen deixar de ingresar o subsidio durante o mes que tarda en ingresarse a nova nómina, segundo a Ser.

A data de hoxe, unhas 800.000 persoas perciben no Estado ese subsidio. Con estes cambios búscase que a cobertura ande ao redor do millón de persoas.

“Eston son os detalles dos novos plans do Goberno estatal, que veñen envolvidos nunha nova rifa política entre os ministerios de Nadia Calviño e Yolanda Díaz. Primeiro, por competencias. É unha reforma que se comprometeu con Bruxelas e que corresponde presentar a Traballo, pero Economía debuxaba nunha conferencia esta semana cales eran os seus plans. Traballo fala de inxerencia. E dous, porque, ademais, o que Economía expuña era un recorte progresivo da prestación: cobrar máis ao principio e ir minguando eses 480 euros, segundo pasaba o tempo para “incentivar” a procura de emprego. Non vai haber recorte algún, di Traballo, que lembra que 80% das persoas no paro non chega a esgotar a súa prestación e que esa mesma proposta que agora fai o departamento de Calviño fíxoa en 2012 o P”, sinala a emisora.

Comentarios