Nova vítima mortal da sinistralidade laboral en Galiza: un electricista de 48 anos

J.C.F.T faleceu após caer desde unha altura de 6 metros tras recibir unha descarga nunha nave na que estaba traballando en Vigo.

sinistralidade laboral
photo_camera Protesto pola sinistraldiade laboral

Faleceu o electricista J.C.F.T, de 48 anos de idade e que resultou ferido grave esta segunda feira en Vigo ao sufrir unha descarga eléctrica e bater coa cabeza após caer desde unha altura duns seis metros. O sinistro laboral tivo lugar  nunha nave situada na estrada da Gándara. Segundo comunicou a Policía Local, e recolle Eutropa Press, o traballador estaba dentro da nave arranxando un guindastre-ponte a un seis metros de altura cando sufriu unha descarga eléctrica que lle fixo caer, batendo coa cabeza.

En 2016 en Galiza houbo 10 traballadores mortos en sinistros laborais, cifra que supón un aumento a respecto do exercicio anterior, 2015, no que faleceran 5 operarios. Entre 2010 e 2016 perderon a vida en accidentes laborais máis de 380 traballadores no noso país.

Ao longo do primeiro semestre de 2016 o noso país retornou ao primeiro posto de accidentes laborais no coxunto do Estado español. Os sinistros con resultado de morte teñen en Galiza unha incidencia moi superior á do conxunto do Estado. O Boletín de saúde laboral editado pola CIG era concluínte: “Proporcionalmente morreron na Galiza por accidente laboral o dobre de traballadores que a media do conxunto do Estado”. En Galiza o índice de incidencia (número de sinistros por cada 100.000 traballadores en activo) nos accientes mortais é de 0,519. No Estado español é de 0,259.

Comentarios