O naval vigués volve saír á rúa para denunciar a situación "crítica" que está a vivir

A protesta, convocada pola Confederación Intersidical Galega (CIG), deu comezo ás 19 horas, para rematar ás horas na sede da Delegación da Xunta en Vigo.
Manifestación desta cuarta feira do sector naval vigués. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Manifestación desta cuarta feira do sector naval vigués. (Foto: Nós Diario)

Traballadores e traballadoras do naval manifestáronse esta quinta feira polas rúas de Vigo para esixir á Xunta da Galiza e ao Goberno español unha "resposta efectiva e urxente" ante a situación que atravesan as empresas do sector.

A protesta, convocada pola Confederación Intersidical Galega (CIG), deu comezo ás 19 horas, para rematar ás horas na sede da Delegación da Xunta en Vigo.

Tras unha pancarta na que podía lerse 'Salvemos o naval. Polo futuro industrial dá comarca de Vigo', centos de persoas gritaron e protestaron pola situación que vive o sector.

O principal sindicato galego reivindicou o naval como unha actividade "estratéxica e imprescindíbel" para o futuro industrial de Vigo e do conxunto da Galiza, e por iso esixiron medidas que "blinden" o sector e garantan o emprego.

Imposición de condicións laborais "precarias"

"Levamos moito tempo, demasiado xa, alertando do momento crítico que atravesa o naval. Co antigo Vulcano nun impás cheo de incertezas. Con Barreras nun proceso concursal no que unicamente se van garantir 20 empregos. E con Metalships sen apenas carga de traballo", lamentou o secretario comarcal da central sindical, Alberto Gonçalves, durante a manifestación.

Gonçalves tamén criticou a imposición de condicións laborais "precarias", cun aumento da temporalidade e da subcontratación.

Para a CIG, esta situación ten "responsábeis e culps". "Un empresariado privado cunha xestión nefasta e envolto en sombras de corrupción, que foi incapaz de poñer en marcha as enormes potencialidades do maior estaleiro privado de España", criticou Gonçalves.

Segundo el, durante todo este tempo a Xunta "non fixo nada" e o Goberno central mostrou "indiferenza", polo que reclamou unha "enérxica" intervención pública que ofreza "garantías, certeza e estabilidade" ao naval.

Comentarios