Milleiros de persoas secundan a folga do metal en Vigo e Pontevedra

O sector demanda condición laborais "dignas".
Milleiros de persoas participaron da manifestación en Vigo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Milleiros de persoas participaron da manifestación en Vigo. (Foto: Nós Diario)

A primeira xornada das tres convocadas no metal de Pontevedra paralizou totalmente o sector e deixou sen actividade os estaleiros das rías de Vigo e Pontevedra. Desde as centrais sindicais da CIG, CCOO e UXT instaron a patronal a “tomar nota” e a negociar un convenio colectivo que contemple unhas condicións laborais "dignas".

"Milleiros de traballadores e traballadoras tomaron hoxe [por esta quinta feira] as rúas de Vigo e de Pontevedra, nunhas mobilizacións que lembraron as históricas protestas desenvolvidas polo sector anos atrás en defensa do convenio (de Pontevedra)", explicaron os sindicatos.

"Nas dúas últimas xuntanzas, decorridas a segunda feira e a terceira feira, a patronal só se amosou disposta a chegar a un incremento de soldos de 1% en 2023, de 2% en 2024 e de 2,5% en 2025, en ningún caso con cláusula de revisión salarial", denunciaron os sindicatos.

Ademais, afirmaron que a patronal "teima en reducir os tres días por nacemento de crianzas, conxelar os valores dos desprazamentos, limitar as vacacións e non aplicarlle ao grupo 1 a suba de soldos que se pacte".

Comentarios