Manifestación de persoal do Concello de Mugardos por un “convenio digno”

mugardos

Persoal do Concello de Mugardos manifestouse en contra da actitude "autoritaria" do Goberno municipal que se nega a acatar o aludo arbitral que recomenda modificar a RTP, así como a asinar e publicar o convenio colectivo, aprobado xa en novembro do ano pasado.

A negociación do convenio colectivo vén de hai tres anos e aínda que a súa resolución parecía encamiñada tras a aprobación en novembro pasado por parte de todos os grupos políticos e da representación social dun texto definitivo de convenio e dun anexo para o persoal do GES, "a día de hoxe segue sen asinarse e publicarse".

Comentarios