Hospitalizado un operario ferido nun barco en Celeiro

Lesionouse nunha perna cando estaba na sala de máquinas pouco antes de partir.
Porto de Celeiro, en Viveiro. (Foto: Turismo de Galiza)
photo_camera Porto de Celeiro, en Viveiro. (Foto: Turismo de Galiza)

Un operario dun barco tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras resultar ferido esta pasada segunda feira mentres traballaba no porto de Celeiro, na localidade mariñá de Viveiro.

Tal e como vén de informar o 112-Galiza, os feitos ocorreron minutos despois das 23 horas da segunda feira, cando os servizos de emerxencias recibiron a alerta de que un operario precisaba asistencia após lesionarse unha perna mentres se atopaba na sala de máquinas dun barco que se dispuña a saír a faenar.

A pesar de que os sanitarios puideron retirar o traballador da estancia na que se atopaba, os bombeiros tiveron que facer uso dunha escaleira para sacalo da embarcación e trasladalo posteriormente ao Hospital de Burela.

Até o lugar desprazáronse os profesionais de urxencias sanitarias, Bombeiros de Viveiro, Policía Nacional e Local e Protección Civil.

Comentarios