A greve nas auxiliares paraliza por segundo día os estaleiros de Navantia

A patronal di que de se manter o paro quebrarán empresas. CIG, que convoca a greve, lémbralle que acabar con este conflito está “na súa man”.

 

A segunda xornada de greve nas auxiliares de Navantia deixa a mesma imaxe que a primeira: amplo seguemento e os dous estaleiros da compañía pública na Ría de Ferrol paralizados. O paro está convocado en solitario pola CIG. A greve é indefinida. A súa finialidade é lograr que todas as empresas cumpran os acordos salariais asinados en 2001 "e que os traballadores non teñan que negociar o seu soldo cada vez que entran nunha subcontrata".

 

A patronal do metal botou dous anos e oito meses dicindo que non a incluír os acordos das auxiliares de Navantia no convenio, lembran desde a CIG. E iso que houbo 7 días de greve nos que o estaleiro estivo practicamente paralizado. “UGT e CCOO din que agora,  con máis tempo e sen folgas, a patronal vai aceptar incluír os acordos no convenio. Pero, porque había a patronal provincial aceptar agora o que non aceptou nunca antes.

 

"A xente das auxiliares sabe que esta é a súa batalla. Máis que ningunha outra. Por iso secundaron as folgas do convenio e por iso votaron unanimemente a favor desta convocatoria de folga. Logo da devaluación salarial brutal que fixeron as empresas nos últimos anos, este é o momento de recuperar o perdido", indican desde a central nacionalista.

 

navantia greve
Comentarios