Galiza perde nun ano nove veces máis autónomos que a media do Estado

O número de traballadores e traballadoras por conta propia reduciuse en 12.800 persoas no período que vai de abril de 2013 a abril de 2014, segundo denuncia a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores utilizando os datos da EPA, que marcaron récord de paro en Galiza.

photo_camera Desempregad@s.

O número de autónomos en Galiza reduciuse nun total de 12.800 no primeiro trimestre de 2014 respecto ao mesmo periodo do ano pasado, o que supón un descenso do 5,5 por cento, segundo denuncia a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (Uatae), en base a datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados polo INE e que marcaron un récord de desemprego histórico no país.

Estas cifras supoñen unha perda de autónomos en Galiza "moi por encima do que se dá no conxunto do Estado", xa que nos tres primeiros meses de 2014 tamén se perderon 5.400 autónomos respecto ao trimestre anterior (-2,4%), o que sitúa o número total de autónomos en Galicia en 218.900.

Así, mentres o descenso de autónomos en Galiza é do 5,5% en taxa interanual, no conxunto do estado espalol os autónomos reducíronse nun 0,6%. Polo tanto, a caída anual galega é nove veces superior á caída media do resto do Estado.

Comentarios