Ensino

Docentes do ensino público galego reclaman "dignidade" nas rúas de Compostela

“O compromiso electoral da CIG-Ensino, así como o de todos os sindicatos con representación, aínda expresado novamente nas eleccións sindicais de decembro de 2022, era claro especialmente no referido á recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en infantil e primaria e de 18 no resto das ensinanzas”, indican desde o sindicato nacionalista.
Profesorado en San Caetano, esta terza feira. (Fotos: Arxina)
photo_camera Profesorado en San Caetano, esta terza feira. (Fotos: Arxina)

Profesorado do ensino público galego saía á rúa esta terza feira reclamando “dignidade e coherencia”. Na mobilización, na cidade de Santiago de Compostela, o persoal docente reclamou “melloras que contribúan a incrementar a calidade educativa”.

As medidas que incorpora o acordo asinado pola Consellaría de Educación e os sindicatos CCOO, ANPE e UXT "son totalmente insuficientes, cando non directamente insultantes", recolle no seu arranque o comunicado conxunto da CIG Ensino (sindicato convocante da folga), STEG e CSIF.

“O compromiso electoral da CIG-Ensino, así como o de todos os sindicatos con representación, aínda expresado novamente nas eleccións sindicais de decembro de 2022, era claro especialmente no referido á recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en infantil e primaria e de 18 no resto das ensinanzas”, indican desde o sindicato nacionalista.

“Renunciar a ese mandato que nos deron as urnas a todos os sindicatos só se pode interpretar como unha renuncia que implica vender o profesorado”, acrecentan.

56% das delegadas e delegados

Tamén desde a CIG-Ensino, din alegrarse de que “sexamos tres forzas sindicais con representación as que, sumando 60% dos votos e 59% das delegadas e delegados, digamos que non tragamos cun acordo que renuncia a defender o compromiso de recuperar os nosos dereitos e a asumir unha melloras reais froito dunha negociación real, non condicionada por intereses electorais do señor Rueda e que dea cumprida resposta a estes catro puntos que os tres sindicatos, CIG-Ensino, STEG e CSIF-Ensino, asumimos como compromisos irrenunciábeis”.

Comentarios