A CIG suspende a greve xeral do 19X

O paro foi convocado como unha “moción de censura” da clase traballadora galega contra o goberno do PP, un goberno que caeu esta sexta feira pasada. No canto da greve, a CIG promoverá para ese mesmo 19X unha xornada nacional de mobilización.

CIG greve xeral
photo_camera Asemblea de delegadas preparatoria da greve

Os órganos de dirección da CIG acordaron esta segunda feira suspender a greve xeral convocada para este 19 de xuño. Unha decisión adoptada ante a queda do goberno do PP e tendo en conta que o paro de 24 horas fora convocado pola central nacionalista como una “moción de censura” da clase traballadora galega. 

A suspensión da greve, porén, non implica a suspensión da campaña de mobilizacións impulsada a partir do 1 de maio e que se manterá activa pois para o 19X convócanse manifestacións a partir das 20:00 horas. Protestos nos que se exixirán a derrogación das reformas laborais, a defensa das pensións públicas, a fin dos ataques de liberdades e dereitos… temas que facían parte da convocatoria da greve. 

Fontes do sindicato explican que a greve non se suspende porque se entenda que o PSOE  vai dar resposta ás “necesidades” da clase traballadora senón porque a queda do PP abre una serie de expectativas na poboación, un outro escenario.

Comentarios