85% dos traballadores realizan “sempre” tarefas repetitivas no seu emprego

As variacións entre os traballos segundo o nivel de estudos ou formación, non implica grandes variacións, segundo a Enquisa de Poboación Activa.
Cada vez son menos as persoas que fan a declaración da renda de forma presencial nas oficinas da Axencia Tributaria (Foto: Europa Press).
photo_camera (Foto: Europa Press).

84,8% da poboación ocupada da Galiza de 16 a 74 anos realiza sempre, “en grande medida ou en certa medida tarefas repetitivas no seu emprego principal”. Así se recolle na Enquisa de Poboación Activa que debulla o IGE, o Instituto Galego de Estatística. Esta porcentaxe é lixei-ramente inferior no caso da poboación que conta con educación superior, onde esa cadencia “repetitiva” afecta 79,6%. Pola contra, supera 90% entre a poboación con educación secundaria de primeira etapa, onde 91% da poboación ocupada realizou tarefas repetitivas con fre-cuencia no seu emprego principal.

As tarefas ás que a poboación ocupada da Galiza dedica máis tempo no seu emprego principal son a traballar con dispositivos dixitais (31,4% das persoas ocupadas de 16 a 74 anos dedicou a metade ou máis tempo da súa xornada laboral a traballar con este tipo de ferramentas), a interactuar con persoas externas á empresa ou organización (29,4% da poboación estudada dedica máis da metade da xornada a este tipo de tarefas), a realizar esforzos físicos (24,8%) e a interactuar con persoas da mesma empresa ou organización (23,7%).

Por outra parte, só 5,2% da poboación ocupada de 16 a 74 anos da Galiza dedica a metade ou máis da súa xornada laboral a realizar cálculos relativamente complexos e só 5,9% desta dedica polo menos a metade da xornada a ler manuais e documentos técnicos.

O IGE indica que se observan diferenzas por sexos na distribución do tempo dedicado ás distintas tarefas; así, no caso dos homes, a porcentaxe de persoas que dedican a metade ou máis tempo da súa xornada laboral a facer esforzos físicos sobe até 29,1%, fronte a 19,9% de mulleres que dedican máis da metade da xornada laboral a este tipo de tarefas. 

Pola contra, a rúbrica “interactuar con persoas externas á empresa ou organización” ten máis prevalencia entre o xénero feminino que entre o masculino; así, 35,6% das mulleres dedican a metade ou máis da súa xornada laboral a atender este tipo de tarefas, fronte a23,9% de homes.

Contido das tarefas

Na Galiza,  59,6% das persoas de 16 a 74 anos que traballan por conta propia manifestaron ter unha ampla ou moi ampla autonomía tanto na orde coma no contido das tarefas do seu emprego principal. No caso dos traballadores e das traballadoras por conta allea, a porcenta-xe destas que teñen unha ampla ou moi ampla autonomía na orde e contido das tarefas do seu emprego baixa ao 18,8%.

No lado oposto, o 28,7% da poboación ocupada por conta allea en 2022 non tiña a penas autonomía nin na orde nin no contido das tarefas do seu emprego principal; no caso da ocupación por conta propia, esta porcentaxe sitúase no 4% do colectivo.

Comentarios