Un 10 de marzo para impulsar a loita pola recuperación dos dereitos laborais e sociais

Esta sexta feira haberá en Glaiza diversas mobilziacións e actos con motivo do Día d Clase Obreira Galega

10 marzo dia clase obreira galega

Con mobilizacións en Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense, Vilagarcía, Pontevedra, Compostela e Cee conmemorará a CIG o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Unha data reivindicativa na que a central sindical dá continuidade á campaña impulsada no mes de decembro e que se desenvolverá baixo o lema “2017, un ano de loita. Recuperemos os nosos dereitos”.

-Vigo: manifestación dende o cruce da Dobrada ás 20.00 horas.

-Ferrol: ofrenda floral no monumento 10 de Marzo ás 12.00 horas e manifestación dende o local da CIG (Avenida de Esteiro) ás 20.00 horas.

-Lugo: manifestación dende o local da CIG (Ronda da Muralla) ás 20.00 horas.

-Ourense: manifestación dende a Subdelegación do Goberno ás 19.30 horas até a Praza Maior.

-Vilagarcía: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 horas.

-Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.00 horas.

-Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.

-A Coruña: manifestación dende a fábrica de Brens (Cee) ás 19.30 horas até a Praza do Concello.

De por parte, desde CCOO chaman a un 10 de marzo de “Empregos e salarios dignos para unha vida digna’. Ás 11:00 horas realizarán unha ofrenda floral no monumento do 10 de Marzo, e ás 19:00 horas unha manifestación partirá da Praza da Constitución, en Ferrol.

Comentarios