Crise dos pellets

O dispositivo para atallar a 'crise dos pellets', á espera da Xunta: "Non podemos entrar se non abren a porta"

Continúa o cruce de acusacións entre San Caetano e Moncloa mentres os medios de emerxencia para actuar fronte á vertedura de pequenas bólas de plástico nunha trintena de praias, que a Xunta asegura que non son "nin tóxicas, nin perigosas", están listos e pendentes de que Alfonso Rueda "prema o botón" e eleve ao nivel 2 o Camgal. Algo que, polo de agora, non cre necesario.
Unha voluntaria recollendo pellets de plástico nunha praia da Coruña. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
photo_camera Unha voluntaria recollendo pellets de plástico nunha praia da Coruña. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Comentarios