Esta quinta feira, 18 de xullo, 83 aniversario do golpe de estado franquista, o busto de Eugenio Montes en Bande amenceu pintado de cor rosa, nunha acción reivindicada por Agora Galiza contra o que cualifican como “um dos fundadores teóricos da Falange”.
Non foi esta a única acción desenvolvido nestas horas, Agora Galiza informou tamén que “sabotamos baixo relevo, cinzelado fachada principal igreja de Santa Maria da Conceçom, na rua Manuel Rodríguez de Porrinho. A gigante cruz dedicada fundador da Falange, José Antonio Primo de Rivera e vizinhos da vila da Lourinha, foi pintada de cor-de-rosa”.
Eugenio Montes Domínguez (Vigo 1900 -Madrid ,1982) foi un político e escritor galego. En 1933 foi un dos fundadores de Falange Española. Acompañou José Antonio Primo de Rivera nas súas viaxes á Alemaña e á Italia fascistas (1934-1935). Colaborou con artigos e conferencias á difusión da ideoloxía falanxista.
O rosa foi a cor empregada tradicionalmente na década dos 90 e principios do SXXI polo independentismo galego para tinxir estatuas e simboloxía franquista na Galiza, en accións de denuncia.