- "Non temos calefacción e a estufa só a prendo cando vou duchar @s nen@s, para quentar o baño"
- "Custa pedir axuda porque os veciños que te ven pensan que a eles non lles vai pasar nunca e falan de ti"
- "Eu son valente e dúchome en auga fría, máis a muller e o rapaz aquecen auga, bótana nunha tina e despois lávanse alí". Os radiadores eléctricos só se enchufan "cando vén o neto"
- "Penso que non estamos tan mal porque non temos que pagar pola auga e a casa é nosa, así que dela non nos van botar"
Son catro testimonios de catro familias en situación de pobreza enerxética, é dicir, que máis do 10% dos seus ingresos van destinados a dispor dunha temperatura confortábel nos seus fogares. Toda a información completa no semanario nº85 do Sermos Galiza, á venda desde esta quinta feira 20 de febreiro nos puntos habituais e na nosa loxa.