A Cadea Ser tivo acceso ao documento co que o Ministerio de Sanidade pretende atopar un marco de medidas común para a Semana Santa. O Ministerio vai propor ás comunidades autónomas aplicar fechamentos perimetrais e restrinxir ao máximo os contactos sociais durante a Semana Santa.
Este documento vai debater esta quinta feira na comisión de Saúde Pública para que as propias comunidades poidan analízalo de cara a aprobalo definitivamente a semana que vén, a pesar de que Madrid segue negándose a pechar perimetralmente a comunidade.
Segundo o documento, as medidas estarían en vigor entre o 26 de marzo e o 9 de abril. Estas son algunhas das medidas que propón Sanidade:
- Feche perimetral de todas as comunidades autónomas para que non haxa viaxes entre elas, limitando deste modo os desprazamentos aos imprescindíbeis.
- Os universitarios non volvan a casa para Semana Santa.
- Toque de recoller, entre as 22:00 horas da noite e as 6:00 horas da mañá.
- Non celebrar eventos masivos que impliquen aglomeracións.
- Limitar as reunións sociais a entre 4 e 6 persoas, así como tamén evitar que se produzan reunións en domicilios.
- Unha campaña institucional para combater a fatiga pandémica derivada da crise do coronavirus.