Profesionais da sanidade denuncian a falta de equipos de protección nos hospitais

Nin equipos de protección individual (EPI) suficientes nin, nalgún caso, máscaras. O Sindicato de Enfermaría (Satse) denuncia que o persoal deste e doutros colectivos profesionais sanitarios galegos está a traballar sen o material necesario, perante o "aumento da presión nos hospitais" polo incremento de casos de coronavirus, que onte acadaba na Galiza os 453 casos e as cinco persoas falecidas. 
 
2020031920020617724
photo_camera Persoal sanitario advirte de que está a traballar sen o material de prevención necesario para enfrontar o coronavirus. (Europa Press)
Comentarios