Os pisos turísticos quintuplican as vivendas de protección da Xunta da Galiza

Na Galiza hai 18.946 vivendas de uso turístico (VUT) mentres non chegan a 3.800 as vivendas que integran o parque público da Xunta da Galiza. Unha desproporción de cinco a un. Ás portas dunha tempada estival que apunta a un récord de turistas na Galiza, a oferta de pisos para ese sector aumenta a pasos de xigante ao tempo que a vivenda como dereito non existe para miles de galegas e galegos.
SONY DSC
photo_camera Xa en 2018 tiñan lugar campañas de concienciación sobre os pisos turísticos e o seu impacto, como esta de Compostela. (Foto. Concello de Compostela)
Comentarios