O Defensor del Paciente solicitou á Fiscalía Superior da Galiza unha investigación sobre a morte dunha muller de 37 anos embarazada e do seu bebé durante unha cesárea na Coruña.
O Servizo Galego de Saúde informou o domingo desta morte, a primeira dunha muller embarazada infectada por Covid-19.
Porén, a familia desta muller de Carballo asegura que non tiña patoloxías crónicas previas, como se indicaba no informe sanitario, e lamentou que non se lle fixese a autopsia antes de incinerar o corpo.
Defensor del Paciente argumenta nun comunicado que non se explica que estas mortes se deban ao coronavirus porque, consideran, aínda que estivese contaxiada ese non é motivo de morte durante a cesárea nin no caso da muller nin no do bebé
“Consideramos que non houbo autopsia e é posibel que se cometese unha irregularidade que supuxo a morte da nai e do bebé ", afirma esta organización.
O propio presidente, Núñez Feixoo manifestou esta terza feira, a preguntas de xornalistas, que este tipo de casos merecen "unha explicación"