(En ampliación)
Onte, día 20, os datos indicaban que Galiza camiñaba cara aos 15.000 casos activos de Covid-19 na Galiza e hoxe os datos indican que se superaron os 16.000 casos: 16.030. Os casos activos, que viñan incrementando nestes días entre 800 e 900 ao día, subiron na última xornada en 1.055.
Tamén os contaxios rexistrados seguen a dar malas novas. Na última xornada rexistráronse 1.727, dos cales 1.354 foron por PCR. Estes contaxios son a factura do aumento de mobilidade e reunións nas datas de Nadal.
A taxa de positividade sitúase en 13,6, camiño de multiplicar por 3 o 5% que recomenda a OMS como limiar para ter controlada a pandemia.
A consecuencia máis dolorosa da pandemia, as mortes, xa son 1.566. Nos últimos 7 días faleceron 86 persoas como consecuencia do coronavirus.
A incidencia acumulada a 14 días é na Galiza de 560. Máis que preocupante tendo en conta que con 250 xa se considera risco alto.