Enceta un novo curso académico. A volta ás aulas do estudantado vén cargada de reducións no número de unidades escolares –en primaria e secundaria diminucións no cadro de persoal docente e nas bolsas de axuda ao estudo, nomeadamente entre o alumnado universitario. Repagamentos, como o comedor e o aumento do financiamento público ao ensino privado, tamén segregacionista, que centran as críticas da comunidade educativa, especialmente das centrais sindicais que denuncian “o abandono” da pública por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo.
Toda a información sobre este asunto no número 113 do Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques e na nosa loxa.