Aleixandre ve moi necesaria a aparición dun "diario en galego", dun meio que "recolla a pluralidade de voces, opinións e perspectivas [con especial compromiso co feminismo] que existen na Galiza".
Para a escritora, é moi importante que o novo meio -cuxo lanzamento está programado por Sermos para 2019- "non se perciba cunha liña moi determinada ou cunha orientación política moi específica". "Creo que a idea é facer algo transversal en certa medida", engade.
'O Diario Galego' está chamado, pensa, a cubrir un oco, o da atención á cultura galega, "invisibilizada" nos actuais diarios en papel.