Educación

Un de cada dez docentes do ensino non universitario é interino: en que especialidades hai máis temporalidade?

A temporalidade do profesorado é unha realidade nos diversos niveis educativos. Un estudo difundido esta segunda feira pola federación de ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG), tomando como referencia os propios datos fornecidos pola Consellaría de Educación, sinala que 9,2% do corpo docente do ensino público non universitario é interino.

Roman3
photo_camera O conselleiro de Educación Román Rodríguez, nun encontro esta segunda feira con autoridades educativas da Coruña. (Foto: Xunta da Galiza).
Comentarios