O Xulgado número 3 de Lugo e a Policía chegaron a investigar o pasado ano se a moza atopada asasinada nun coche este sábado –Tatiana V.A., de 24 e natural de Castro de Rei- sufría violencia machista por parte da súa parella a raíz dunha denuncia posta por unha terceira persoa en maio de 2015.
Segundo publica Europa Press, non figuran denuncias por violencia de xénero da moza e as dilixencias abertas ficaron arquivadas após o Xulgado non conseguira localizar a moza -tras citala en tres ocasións- e após de que esta negara ante a Policía os feitos recollidos na denuncia desa terceira persoa.
É o Xulgado número 3 de Lugo quen está a investigar os feitos, xunto coa Policía.
A Asociación contra a violencia de xénero Si hai saída manifestou a súa repulsa a este asasinato, do que non se teñen novos dados, nun comunicado de prensa.